Á esquerda unha fotografía do meu bisavó Pedro Pereira. Naceu arredor de 1920 en Vilalba e morreu en 1996 en San Miguel de Reinante de silicose producto do traballo na mina. De neno adicabase a ir coas cuadrillas para ir a segar a Castela, á Terra de Campos. Debido ó vivido no seu traballo, as súas ideas eran loitar por unha España libre do caciquismo e ditaduras (a de Primo de Rivera que viviu ata os 11 anos).
Co estalido da Guerra Civil Española decide alistarse as filas do bando republicano no ano 1936. Despois de moitos enfrontamentos como contáballe ó meu pai que mataba a moitos moros que Franco enganábaos dicíndolles que se morrían irían ó reino de Alá. que pasaban moita fame tanta que "non se vían gatos porque coméramolos todos e tiñamos que comer ata ratas". Combateu na gran Batalla do Ebro na que tivo que acabar cruzando o río a nado para que non o colleran. Pero acabaron facéndolo prisioneiro na cárcere de León onde foi condenado a pena de morte, é dicir, ó paredón. Sen embargo, un clero que polo que contaba meu bisavaó era un gran home, salvouno de ser fusilado e cumpliu condena facendo traballos coma un escravo.
Tras a guerra, foise a vivir a San Miguel de Reinante (Lugo) onde casou e tivo seis fillos. Como a vida ía moi mal xa que non tiñan alimento que levarse a boca, intentaban gañarse a vida subindo ós piñeiros para coller piñas que logo levaban ós máis adiñeirados e intercambiaban por algo de comer. Pero aínda así era insuficiente e tiña que andar polas casas recollendo as sobras da comida para lograr alimentarse medianamente ben. Esta situación chega un momento na que xa non pode máis e xunto cos seus dous fillos maiores, que tiñan 13 e 14 anos, decide ir a buscar traballo a Asturias. Encóntrano na minaría na pequena localidade de Cangas del Narcea onde se instalan e meses despois trasládase o resto da familia. Con el puxo a traballar ós catro varóns.
Lembra meu pai como lle contaban que os lobos os acompañaban mantendo a distancia ata a boca da mina. O traballo era moi duro e precario tanto para homes como para mulleres as cales tiñan que facer as tarefas da casa; ir buscar caldeiros de auga para que cando os cinco homes da familia chegaran, puideran lavarse e quitarse o negro carbón que impregnaba os seus corpos; e, ir lavar a roupa ó río que no inverno chegaba estar case conxelado polas baixo cero. As nenas baixaban andando ata a mina a recoller carbón para poder metelo na cociña bilbaina coa que quentaban a casa, facían as comidas, quentaban a auga para bañarse... Tamén, como anecdota, lembra a visita dos gardas civís para encher o bandullo e meu bisavó tiña que esconder a radio na que nas noites escoitaba A Pirenaica xunto con algúuns veciños.
Meu bisavó é un máis dos galegos que debido ás duras condicións de vida tivo que emigrar para poder sobrevivir. Pero o prezo que tivo que pagar a cambio disto foi a silicose que acabaría coa súa vida pouco a pouco xunto coa dos seus fillos.
sábado, 18 de abril de 2015
domingo, 22 de marzo de 2015
Árbol Xenealóxico
No meu árbol xenealóxico só conseguín chegar ata os meus bisavós e só pola testemuña, xa que son de pobos nos que non teñen o rexistro civil dixitalizado e estan demasiado lonxe para ir un día pola mañá.
Esta é a miña familia:
Esta é a miña familia:
lunes, 16 de febrero de 2015
O 10 de marzo.
Cada 10 de marzo celébrase o Día da Clase Obreira Galega en conmemoración a revolta dos traballadores dos estaleiros de Bazán en Ferrol o 10 de Marzo de 1972 durante a ditadura de Franco.
Todo comenzou en enero de 1972 cando os traballadores exisiron o seguinte programa:
-Salario mínimo non inferior a 400 pts. e igual por categoría (escala móvil).
-Un mes de vacacións.
-Cen por cen en caso de enfermidade ou accidente.
-Xubilación ós 60 anos, co 100% do salario real activo.
-Readmisión de todos os despedidos por motivos sociais ou políticos e que por eso razón ninguén fora despedido.
-Un local para reunións dos traballadores.
Non se lles foi concedido todo o que pretendian conseguir polo que dividironse en dúas frontes obreiras que seguen a conter as reclamacións. Na primeira, enmárcase o recurso presentado polo xurado contra o presidente do Sindicato Nacional do Metal, no que Rodolfo Martín Villa, presidente do sindicato vertical, resolve contra os traballadores. Aínda por enrriba comunicaselles deliberadamente máis tarde a sentenza.
Na segunda fronte, o día 22 de febreiro de 1972 reclamando un aumento de salario 2000 traballadores paran diante do descampado da fábrica pero este seralles denegado. Polo que o día 28 o mesmo mes concéntranse 3000 traballadores nunha asamblea para esixir unha reunión co director da empresa, que consiguen que este acceda. Pero esta non foi positiva senon que a empresa négase a darlles o adianto.
Entón os traballadores pretenden aumentar a presión con paros de media hora durante os días 2, 3 e 4 de marzo logrando que a prensa se faga eco e que ,por conseguinte, a empresa responde con novas ameazas.
Tres días despois asínase en Madrid o Convenio Interprovincial no que se recollen unhas mellores moi inferiores ás que se pedian dende Ferrol. Polo que o día 8 convócase unha asamblea de traballadores na que as intervención dos representantes incluíron fortes críticas contra o convenio e o sindicato vertical.
A causa desta asamblea, os enlaces vogais do xurado José María Riobó e Manuel Amor Deus, e os enlaces José Díaz Montero, Ramiro Romero, José Miguel Rey e Alfonso Couce, todos de CCOO, quedaron suspendidos de salario. Ramiro é agredido polos gardas xurado ás portas do estaleiro por non querer asinar a sanción, e isto provoca un enfrentamento entre os obreiros e os gardas. Ante esto, todos os traballadores pararon de traballar, e ás 9:30 concentráronse cinco mil traballadores esixindo a anulación dos despidos e unha sanción para os gardas.
Para frear o paro dos traballadores a empresa convoca ós xurados para que falen cos vogais e que estes fagan que se volva ó traballo. O enlace Loureiro Ligrís afirmou que debía ser o director da empresa o que se dirixa ós traballadores, pero este ainda que acepta non soluciona nada do que se lle formula. Polo que Rafael Pillado, Antonio Romero e Ángel Porto para alentar os operarios dinlles que continuen coa súa pasividade laboral ata que lles proporcionasen garantías aos detidos e represaliados, asi que acordan manterse concentrados ata que lles den todo o que piden. Ás tres da tarde a empresa ameaza con desaloxar policialmente. E ás cinco, debido á persistencia dos obreiros, prodúcese unha forte carga con máis de vinte feridos e o peche da fábrica. A partir daquela, os choques entre traballadores e policía pasan ás rúas durante toda a tarde.
Ó dia seguinte a prensa amence cun gran espazo referido aos enfrontamentos durante 12 horas entre as forzas da "orde" e os obreiros, e ós feridos de ambas partes. A empresa decide pechar a factoría. E ás sete da mañá reúnense catro mil traballadores na porta desta. Dende alí marchan cara a avenida das Pías para que outros operarios de outras empresas se unisen a eles e facer unha asamblea. Pero no cruce entre a estrada de Castela e a avenida das Pías son interceptados pola Policía Armada, que provoca un enfrentamento entrambos bandos. Os obreiros responden arrebolando con paus e pedras. Ante esto a Policía comenza a disparar ó corpo, pero os traballadores resisten. Excepto Amador Rey e Daniel Niebla que morren e máis de 40 feridos entre os que se encontra Julio Aneiros, dirixente de CCOO, dañado moi grave. A noticia estendeuse pola cidade, os comercios e colexios pecharon e os traballadores doutras empresas paran en sinal de solidariedade.
Todo remata co peche durante 10 días de Bazán. O día 21 de marzo vólvense a abrirse as portas e reincorporanse os seus postos de traballo baixo unha forte vixilancia policial e logo a militarización da fábrica. O día 24 despiden abrese unha asamblea na que despiden a máis de cen traballadores e vinte cargos sindicais son detidos.

sábado, 7 de febrero de 2015
Benigno Andrade García
Cando o 20 de xullo de 1936 proclámase o levantamento franquista contra a Segunda República en Galicia, el encóntrase en Curtis.E o seu ardor pola defensa do goberno republicano fai que se enrole nunha columna que vai cara Coruña para axudar ós resistentes, pero como non teñen oportunidades de gañar dan media volta na ponte Pasaxe e Benigno retorna a Curtis. Temeroso polas represalias dos seus actos -entre eles varias requisas de ramas en Fisteos e de dinamita en Teixeiro- botouse ó monte como moitos dos seus compañeiros. Entón cae vitima de difteria e refuxiase durante toda a guerra na zona de Curtis grazas á veciñanza, é chamado a facer o servizo militar e declarado prófugo por non presentarse, incluso foi un bando de "busca e captura" a por el pero non o encontraron.
No 1941 a Garda Civil sospeitaba que estaba ao mando dun grupo guerrilleiro que actuaba pola zona de Sobrado-Arzúa formado a maior parte por prisioneiros republicanos.
No 1943 únese o grupo guerrilleiro chamado teniente Freijo de Lugo que actuaba principalmente na zona de Curtis-Ordes e ían moi ben armados. A maior actividade da guerrilla parte do triunfo dos aliados na 2ª Guerra Mundial. Un dos seus famosos golpes foi en febreiro de 1945 cando se lle atribuiu a morte do cabo da Guardia Civil Manuel Bello en Curtis.
Non tardou en ter problemas, e en marzo de 1945 feriuse na perna coa sua propia arma. A Garda Civil rapidamente souboo e desplegouse por toda a zona, pero os seus compañeiros xa conseguiran levalo á Coruña para que fose operado no sanatorio Sán Nicolás, na plaza de Vigo. Logo foi trasladado a unha casa no barrio de Monelos onde permaneceu seis meses, nos que vestiase de cura para poder ir a ver os partidos do Deportivo da Coruña a Riazor (era un gran seguidor do porteiro do equipo, Acuña).
En enero de 1947 volveu á loita, e na parroquia de Olos interviu nuns feitos nos que resultaron mortos Antonio Mosquera e Manuel Sánchez. Sen embargoo, marchou cara Pontevedra para xuntarse coa Quinta Agrupación, xa que tiñañ discrepancias cos seus compañeiros de partida alí en Curtis.
Entre os anos 1948 e 1949 houbo unha caida de moitos dos revolucionarios polo que Benigno decidiu refuxiarse en Betanzos xunto co seu amigo Manolito (Manuel Villar).A Garda Civil foi encerrandoo ata que o 9 de marzo de 1952 foi apresado en Costa (Oza dos Ríos) despois dunha loita na que morreu Manolito, outro guerrilleiro e un garda civil; a Benigno feríronno unha perna partíndolle o óso. E no periódico non saiu nada aparte da esquela do garda civil morto na contenda.
No interrogatorio foi torturado metendolle os dedos na ferida e movendolle o óso roto, o pobre home cheo de dor tivo que "cantar". Foron detidos varios alcaldes da provincia da Coruña e tamén persoas declaradas de dereitas por axudalo.
O 26 de xuño foi levado a xuizo, no que foi declarado "el mayor criminal de cuantos en estos últimos años se han sentado en el banquillo". E concluiu con dúas penas de morte, aparte da indemnización dos herdeiros das súas vitimas e as cantidades sustraidas.
Foi executado no garrote vil o 7 de agosto de 1952 e enterrado nunha fosa común do cementerio de San Amaro.
Sen dúbida é unha das figuras máis relevantes dos maquis. Cando lin a súa historia acordeime do meu bisavó ó que nunca cheguei a coñecer porque morreu pouco antes de nacer eu, pero que meu pai contame as súas historias como maquis, xa que viviu con el gran parte da súa vida e o ten como o seu heroe. A verdade e que gustaríame habelo coñecido e que me contase algunha desas historias e podela contar neste blog, porque seguramente fora igual ou máis interesante ca deste home (sen quitarlle méritos, xa que a min pareceme un guerreiro como poucos que non se rendiu nunca ante o enemigo).
Aqui deixo dous testimonios, o da filla de Foucellas e dos veciños:
SAÚDE E REPÚBLICA!!!
domingo, 1 de febrero de 2015
A Xoana de Arco coruñesa.
María Maior Fernández da Cámara e Pita, máis coñecida como María Pita, é unha das figuras máis emblemáticas da cidade de A Coruña. Creese que naceu entre o 1562 e o 1568 en Sigrás, Cambre e morreu no ano 1643. Para falar do que lla fixo unha das mulleres máis significativas da historia galega, temos que remontarnos á guerra anglo-española (1585-1604).
Felipe II querendo invadir o Reino de Inglaterra envía en 1588 á "Armada invencible" dirixida polo duque de Medina-Sidonia cun total de 137 navíos frente aos 226 dos ingleses, pero estaban moito mellor armados xa que tiñan os mesmos cañóns. Cruzarían a Canle da Manga e desembarcarían 30.000 homes que se farían con todo o territorio inglés.
Pero todo foise a pique, porque os ingleses tiñan máis e mellores barcos, xa que Felipe II fixera os barcos a todo correr. Ademais, de camiño cara Inglaterra houbo unha serie de tormentas que debilitaron tanto ós navios como á tripulación enfermandoa. Ainda así, lograron chegar a costa inglesa, pero cando entraron nas bahias para invadir os pobos costeiros foron encerrados pola retaguardia por barcos suicidas ingleses cargados de explosívos. Estos aínda que non hundiron a moitos barcos, conseguiron danar ós cabecillas e ós que levaban munición e víveres. Entón tras varias batallas conseguiron espallar ás tropas españolas que moi debilitadas volveron cara España para facerse máis fortes nos portos de Santander e San Sebastián. Pero os ingleses, sabendo o que iban a facer, deciden xuntar unha gran flota e acabar cos barcos que quedaban da armada para acabar coas posibilidades dun novo ataque por parte dos españois.
Un dos capitáns, o corsario Francis Drake, cando se estaba aproximando as costas españolas recibe un rumor de que ó porto da cidade galega de A Coruña chegou un galeón con máis de 5.000 pezas de ouro, parte xunto a unha parte das tropas cara a cidade. Esta só contaba con 1.500 soldados que a defendían contra os 20.000 do exército inglés. Foronos minando conforme ían acercandose cara a costa e logo encerráronse nas murallas. Os ingleses tiveron que empregar a gran número de soldados para asaltar as murallas. Cando xa case acabaran co exercito español, un alférez matou ó marido de María Pita, Gregorio de Recamonde integrante das tropas españolas, esta ó velo morto colleu (segundo a versión) unha pica ou un arcabuz e matou ó alferez que xa estaba poñendo a bandeira inglesa na cima da fortificación. Entón co grito: "Quen teña honra, que me siga" conseguiu que se lle unisen un gran número de civís ,entre eles mulleres e nenos, contra o exército inglés que ao ver que un mando tan alto morrera a mans dunha muller minaralles a moral os soldados. Conseguiron gran número de baixas e despois de varias horas de loitas conseguiron botar ós ingleses que os superaban por dez en número.
Despois deste suceso Maria Pita axudou ós feridos. E no 1596 foille entregado un soldo de alférez de 5 escudos polos servizos prestados á coroa.
Encántame esta historia porque rompe cos arquetipos que teñen os casteláns sobre os galegos e tamén porque é un claro exemplo de que o que ten o verdadeiro poder é o pobo e que xunto pode facer calquer cousa.

domingo, 25 de enero de 2015
O poder do pobo galego.
Chámome Pero son un pobre labrego, vivo xunto coa miña muller e os meus tres fillos nunha pequena casa que se encontra xunto o río Xubia. As terras que me dan de comer a min e á miña familia son do señor Nuno Freire de Andrade ó que chaman "o mao". Este ano foi o peor en colleitas e estamos mortos de fame, o meu fillo pequeno morreu hai un mes de fame. Na casa só comemos algunha troita que colle o meu fillo maior no río, algo de pan que queda e algún rato que hai pola casa. Estamos ameazados de morte polo señor Andrade porque non lle demos nada da colleita. Como nós está toda a zona, todos os veciños estan na mesma situación pero non podemos facer nada. Ademais por culpa dunha enfermidade á que chaman "a peste" están a morrer moitísima xente. O outro día chegou un rumor de que andan a levantarse polo sur a xente contra os nobres e que derrubaron xa varios castelos como fixera Roi Xordo hai uns anos.
Cando chegamos ó castelo xa nos estaban esperando e o seu recibimento foi unha oleada de frechas que conseguimos evitar ocultandonos nas árbores, menos un home que preso do pánico quedou no sitio e ferironno no pecho, a cara que se lle quedou nunca a olvidarei do sufrimento que trasmitía. Entón aproveitamos que os vinte arqueiros estaban recargando para ir correndo cara o castelo. Pero para a nosa sorpresa eran demasiado rápidos e unha segunda oleada de frechas colleunos de improvisto en campo aberto coa mala sorte de que feriron a miña muller Isabel no pescozo xusto na gorxa. Eu corrín a socorrela e leveina a debaixo dun carballo. Como estaba afogandose quiteille a frecha, tonto de min. Entón empezou a desangrarse coma se dunha fonte se tratase, seguia afogandose polo que me despedin dela cun beso co que mentres llo daba recordei todo o que pasei xunto a ela, ao pouco morreu. A súa morte cheoume de valor e saín correndo cara o castelo que en poucos minutos os nosos conseguiran entran. Cando cheguei a dentro a imaxe era desoladora, o chan estaba cheo de sangue e corpos de ambos bandos. Parecía que íamos gañando a batalla así que uninme a eles e logrei matar a dous homes. O primeiro non me costou moito xa que estaba distraido matando a un pola espalda, corteille a cabeza dun fouciñazo e collinlle o mandobre. Co segundo tiven unha dura loita que debeu durar uns cinco ou dez minutos e que se non fora por Alonso nunca lograría superala, xa que axudoume abrindolle o peito de arriba a abaixo como se fose un porco.
Por fin chegou o día tan esperado, tras dúas semanas de chegadas de noticias sobre os súas grandes vitorias, Alonso Lanzós chegou a aldea xunto con uns 250 homes dicindo que se queriamos liberarnos do calvario que estabamos a vivir que nos unisemos a el e que colleramos as nosas ferramentas máis afiadas. Como non tiñamos nada que perder, xa que probablemente dese ano non íamos pasar sexa pola fame ou pola peste e que xa estabamos cansos do fillo de puta do señor de Andrade, así que miña muller colleu unha galleta e eu un fouciño. Deixamos o meu fillo maior ó cargo dos outros dous. Fomos rápidamente xunto o "exercito" e cando estivo toda a aldea preparada partimos. Polo camiño dinnos que teñen pensado ir ó castelo de Naraiho, que van a derrubalo por completo e que precisaria de toda a axuda posible pola nosa parte. Nós, aínda que temerosos porque esa fortaleza parecia inexpugnábel enriba daquel promontorio, tiñamos a certeza de que conseguiriamos o noso propósito e derrubariamos aquel castelo. Ao final chegamos a ser unhas 500 persoas entre os que se unían polo camiño e os dos pobos polos que íamos parando. Polo camiño cantabamos cancións que inventabamos sobre a marcha.
Cando chegamos ó castelo xa nos estaban esperando e o seu recibimento foi unha oleada de frechas que conseguimos evitar ocultandonos nas árbores, menos un home que preso do pánico quedou no sitio e ferironno no pecho, a cara que se lle quedou nunca a olvidarei do sufrimento que trasmitía. Entón aproveitamos que os vinte arqueiros estaban recargando para ir correndo cara o castelo. Pero para a nosa sorpresa eran demasiado rápidos e unha segunda oleada de frechas colleunos de improvisto en campo aberto coa mala sorte de que feriron a miña muller Isabel no pescozo xusto na gorxa. Eu corrín a socorrela e leveina a debaixo dun carballo. Como estaba afogandose quiteille a frecha, tonto de min. Entón empezou a desangrarse coma se dunha fonte se tratase, seguia afogandose polo que me despedin dela cun beso co que mentres llo daba recordei todo o que pasei xunto a ela, ao pouco morreu. A súa morte cheoume de valor e saín correndo cara o castelo que en poucos minutos os nosos conseguiran entran. Cando cheguei a dentro a imaxe era desoladora, o chan estaba cheo de sangue e corpos de ambos bandos. Parecía que íamos gañando a batalla así que uninme a eles e logrei matar a dous homes. O primeiro non me costou moito xa que estaba distraido matando a un pola espalda, corteille a cabeza dun fouciñazo e collinlle o mandobre. Co segundo tiven unha dura loita que debeu durar uns cinco ou dez minutos e que se non fora por Alonso nunca lograría superala, xa que axudoume abrindolle o peito de arriba a abaixo como se fose un porco.
Á noitiña fixemonos coa fortificación tan temida ó principio e que derrubabamos pedra a pedra felices porque derrotaramos ó poder feudal. Ó terminar prendímoslle lume a todo o que quedaba do castelo ,que non era moito a verdade, e co que collimos da despensa fixemos unha pequena comilona entre os que quedabamos da irmandade e festexamolo por todo o alto.
Coa saída do sol cada un enterrou os seres vivos que morreran naquela batalla e diriximonos cara o castelo de Moeche onde se encontraba o señor de Andrade.
sábado, 17 de enero de 2015
O noso músico máis internacional.
Ós oito anos, Carlos decidiu aprender os segredos da música tradicional e da gaita e ós 12 foi invitado a tocar como solista coa Orquesta Sinfónica de Lorient unha composición do irlandés Shaun Davey. Pouco despois comezou a estudar flauta de pico no conservatorio de Madrid con calificacións de Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira.
En 1989 gravou por vez primeira cos Chieftains para a banda sonora d'A Illa do Tesouro. Dende aquela Carlos é o séptimo Chieftain e xunto a eles tén acadado un Grammy polo disco conxunto Santiago ou tén actuado con eles no Carnegie Hall de Nova York e no Royal Albert Hall de Londres a carón de artistas como Bob Dylan, The Who, Lou Reed, Spin Doctors, Bon Jovi, Alice Cooper...Cando en 1996 publicou A irmandade das estrelas, o seu primeiro álbum en solitario, Carlos Núñez xa era un artista recoñecido en todo o mundo. No disco colaboran máis de 50 músicos, entre eles The Chieftains, Ry Cooder,Luz Casal e Dulce Pontes.
En 1999 editouse Os amores libres, o seu segundo álbum que vendeu máis de 250.000 exemplares en España, un acontecemento extraordinario para a música galega con alcance internacional. Foi gravado en dez países diferentes durante dous anos, con el exploraba as conexións entre a música celta e o flamenco coa participación de artistas como Jackson Browne, Noa, Mike Scott (de The Waterboys), Teresa Salgueiro (de Madredeus), Cañizares, Sharon Shannon, Dan Ar Braz, músicos andalusís de Marruecos e xitanos de Rumanía…
Mayo longo, publicouse no 2000 e significou o acercamento a estructuras máis pop, que aumentou o seu recoñecemento popular. Fue tamén o descubrimento de Carlos como compositor, nunha canción en colaboración con Roger Hodgson (de Supertramp), outras foron con Sharon Shannon, Liam O’Flynn ou Ronnie Drew de The Dubliners.
En 2002 publicou unha antoloxía, Todos os Mundos, que incluía ademáis dunha selección da sua obra, gravacións que realizara para discos de outros artistas como The Chieftains, Andreas Vollenweider, Sharon Shannon ou Liam O’Flynn.Con 30 anos edita Almas de Fisterra, un disco de irmandade entre as Finisterras, a nosa e a de Bretaña, que son moi similares nas súas terras, nos costumes e na música.Durante tres anos viviu en Bretaña seleccionou o mellor das músicas dese país. Mesmo fixo un libro da experiencia “Entre Fisterras” e un documental para France 3.Acompáñase neste disco dos mellores músicos de Bretaña, como Alan Stivell, Dan Ar Braz ou Gilles Servat; outros descoñecidos, como vellos músicos da Bretaña que conservan toda a esencia e a pureza da máis auténtica música celta.
2004 ve a primeira gran colaboración de Carlos co mundo do cine, e pola porta grande. Alejandro Amenábar pídelle unha canción do primeiro disco para a súa nova película Mar Adentro e isto remata na participación de Carlos en prácticamente toda a banda sonora da película, que ganaría un Oscar, así como 14 Premios Goya incluído o de música.
En xullo dese año, no Auditorio de Castrelos en Vigo, gravouse en directo un espectacular DVD e un CD, Carlos Núñez & Amigos ante 30 000 persoas, que chegou a DVD de ouro, alí coñeceu a The Chieftains (que quedaron prendados daquel rapaz, xa daquela mestre da gaita). Alí volve a reunirse cos seus vellos amigos The Chieftains, coa acordeonista irlandesa Sharon Shannon, co arxentino León Gieco, coa banda de gaiteiros The National Youth Pipe Band of Scotland…
Agora presenta un novo disco, Cinema do Mar, no que explora o mundo das bandas sonoras, desde Mar Adentro ata as varias bandas sonoras nas que tén participado últimamente, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cine.
As miñas canciones favoritas del son a Muñeira de Freixido e Viva la Quinta Brigada. A primeira é unha versión da canción feita por Gumersindo Parapar que foi o avó dunhas compañeiras de clase de toda a vida e que me encanta porque me recorda á película da que é banda sonora A illa do tesouro. E a segunda tamén e unha versión dunha canción que cantaban os volutarios internacionais que axudaban ó goberno da República a combatir contra as Forzas Franquistas na Guerra Civil Española.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)