lunes, 16 de febrero de 2015

O 10 de marzo.

Cada 10 de marzo celébrase o Día da Clase Obreira Galega en conmemoración a revolta dos traballadores dos estaleiros de Bazán en Ferrol o 10 de Marzo de 1972 durante a ditadura de Franco.

Todo comenzou en enero de 1972 cando os traballadores exisiron o seguinte programa: 
-Salario mínimo non inferior a 400 pts. e igual por categoría (escala móvil).
-Xornada de 42 horas.
-Un mes de vacacións.
-Cen por cen en caso de enfermidade ou accidente.
-Xubilación ós 60 anos, co 100% do salario real activo.
-Readmisión de todos os despedidos por motivos sociais ou políticos e que por eso razón ninguén fora despedido.
-Un local para reunións dos traballadores.

Non se lles foi concedido todo o que pretendian conseguir polo que dividironse en dúas frontes obreiras que seguen a conter as reclamacións. Na primeira, enmárcase o recurso presentado polo xurado contra o presidente do Sindicato Nacional do Metal, no que Rodolfo Martín Villa, presidente do sindicato vertical, resolve contra os traballadores. Aínda por enrriba comunicaselles deliberadamente máis tarde a sentenza. 

Na segunda fronte, o día 22 de febreiro de 1972 reclamando un aumento de salario 2000 traballadores paran diante do descampado da fábrica pero este seralles denegado. Polo que o día 28 o mesmo mes concéntranse 3000 traballadores nunha asamblea para esixir unha reunión co director da empresa, que consiguen que este acceda. Pero esta non foi positiva senon que a empresa négase a darlles o adianto.

Entón os traballadores pretenden aumentar a presión con paros de media hora durante os días 2, 3 e 4 de marzo logrando que a prensa se faga eco e que ,por conseguinte, a empresa responde con novas ameazas.

Tres días despois asínase en Madrid o Convenio Interprovincial no que se recollen unhas mellores moi inferiores ás que se pedian dende Ferrol. Polo que o día 8 convócase unha asamblea de traballadores na que as intervención dos representantes incluíron fortes críticas contra o convenio e o sindicato vertical.

A causa desta asamblea, os enlaces vogais do xurado José María Riobó e Manuel Amor Deus, e os enlaces José Díaz Montero, Ramiro Romero, José Miguel Rey e Alfonso Couce, todos de CCOO, quedaron suspendidos de salario. Ramiro é agredido polos gardas xurado ás portas do estaleiro por non querer asinar a sanción, e isto provoca un enfrentamento entre os obreiros e os gardas. Ante esto, todos os traballadores pararon de traballar, e ás 9:30 concentráronse cinco mil traballadores esixindo a anulación dos despidos e unha sanción para os gardas.

Para frear o paro dos traballadores a empresa convoca ós xurados para que falen cos vogais e que estes fagan que se volva ó traballo. O enlace Loureiro Ligrís afirmou que debía ser o director da empresa o que se dirixa ós traballadores, pero este ainda que acepta non soluciona nada do que se lle formula. Polo que Rafael Pillado, Antonio Romero e Ángel Porto para alentar os operarios dinlles que continuen coa súa pasividade laboral ata que lles proporcionasen garantías aos detidos e represaliados, asi que acordan manterse concentrados ata que lles den todo o que piden. Ás tres da tarde a empresa ameaza con desaloxar policialmente. E ás cinco, debido á persistencia dos obreiros, prodúcese unha forte carga con máis de vinte feridos e o peche da fábrica. A partir daquela, os choques entre traballadores e policía pasan ás rúas durante toda a tarde.

Ó dia seguinte a prensa amence cun gran espazo referido aos enfrontamentos durante 12 horas entre as forzas da "orde" e os obreiros, e ós feridos de ambas partes. A empresa decide pechar a factoría. E ás sete da mañá reúnense catro mil traballadores na porta desta. Dende alí marchan cara a avenida das Pías para que outros operarios de outras empresas se unisen a eles e facer unha asamblea. Pero no cruce entre a estrada de Castela e a avenida das Pías son interceptados pola Policía Armada, que provoca un enfrentamento entrambos bandos. Os obreiros responden arrebolando con paus e pedras. Ante esto a Policía comenza a disparar ó corpo, pero os traballadores resisten. Excepto Amador Rey e Daniel Niebla que morren e máis de 40 feridos entre os que se encontra Julio Aneiros, dirixente de CCOO, dañado moi grave. A noticia estendeuse pola cidade, os comercios e colexios pecharon e os traballadores doutras empresas paran en sinal de solidariedade.

Todo remata co peche durante 10 días de Bazán. O día 21 de marzo vólvense a abrirse as portas e reincorporanse os seus postos de traballo baixo unha forte vixilancia policial e logo a militarización da fábrica. O día 24 despiden abrese unha asamblea na que despiden a máis de cen traballadores e vinte cargos sindicais son detidos.


Fundación 10 de Marzo from Fundación 10 de Marzo on Vimeo.

sábado, 7 de febrero de 2015

Benigno Andrade García

Se nomeo a Benigno Andrade García seguro que case ninguén sabe quen é, pero se digo "o Foucellas" seguramente máis xente saberá de quen estou a falar. Benigno Andrade García "o Foucellas" foi un dos maquis máis famosos e máis buscado polo goberno franquista, naceu en As Foucellas (do que tomará o seu alcume) no concello de Mesía, Coruña  o 22 de outubro de 1908, dende moi novo traballou no campo e uns anos despois marchou a traballar a Fabero (Ponferrada) na mina de carbón. Logo vai a Curtis onde casa con María Pérez coa que ten dous fillos: Sergio e Josefa. A muller traballaba na casa do médico Manuel Calvelo e a súa muller Isabel Ríos que dirixían a célula comunista de Curtis,a chamada Sociedade Républicana Radio Comunista de Curtis, coa que Benigno simpatizou mentres traballaba no depósito de madeiras de Torres.
Cando o 20 de xullo de 1936 proclámase o levantamento franquista contra a Segunda República en Galicia, el encóntrase en Curtis.E o seu ardor pola defensa do goberno republicano fai que se enrole nunha columna que vai cara Coruña para axudar ós resistentes, pero como non teñen oportunidades de gañar dan media volta na ponte Pasaxe e Benigno retorna a Curtis. Temeroso polas represalias dos seus actos -entre eles varias requisas de ramas en Fisteos  e de dinamita en Teixeiro- botouse ó monte como moitos dos seus compañeiros. Entón cae vitima de difteria e refuxiase durante toda a guerra na zona de Curtis grazas á veciñanza,  é chamado a facer o servizo militar e declarado prófugo por non presentarse, incluso foi un bando de "busca e captura" a por el pero non o encontraron.
No 1941 a Garda Civil sospeitaba que estaba ao mando dun grupo guerrilleiro que actuaba pola zona de Sobrado-Arzúa formado a maior parte por prisioneiros republicanos.
No 1943 únese o grupo guerrilleiro chamado teniente Freijo de Lugo que actuaba principalmente na zona de Curtis-Ordes e ían moi ben armados. A maior actividade da guerrilla parte do triunfo dos aliados na 2ª Guerra Mundial. Un dos seus famosos golpes foi en febreiro de 1945 cando se lle atribuiu a morte do cabo da Guardia Civil Manuel Bello en Curtis.
Non tardou en ter problemas, e en marzo de 1945 feriuse na perna coa sua propia arma. A Garda Civil rapidamente souboo e desplegouse por toda a zona, pero os seus compañeiros xa conseguiran levalo á Coruña para que fose operado no sanatorio Sán Nicolás, na plaza de Vigo. Logo foi trasladado a unha casa no barrio de Monelos onde permaneceu seis meses, nos que vestiase de cura para poder ir a ver os partidos do Deportivo da Coruña a Riazor (era un gran seguidor do porteiro do equipo, Acuña).
En enero de 1947 volveu á loita, e na parroquia de Olos interviu nuns feitos nos que resultaron mortos Antonio Mosquera e Manuel Sánchez. Sen embargoo, marchou cara Pontevedra para xuntarse coa Quinta Agrupación, xa que tiñañ discrepancias cos seus compañeiros de partida alí en Curtis.
Entre os anos 1948 e 1949 houbo unha caida de moitos dos revolucionarios polo que Benigno decidiu refuxiarse en Betanzos xunto co seu amigo Manolito (Manuel Villar).A Garda Civil foi encerrandoo ata que o 9 de marzo de 1952 foi apresado en Costa (Oza dos Ríos) despois dunha loita na que morreu Manolito, outro guerrilleiro e un garda civil; a Benigno feríronno unha perna partíndolle o óso. E no periódico non saiu nada aparte da esquela do garda civil morto na contenda.
No interrogatorio foi torturado metendolle os dedos na ferida e movendolle o óso roto, o pobre home cheo de dor tivo que "cantar". Foron detidos varios alcaldes da provincia da Coruña e tamén persoas declaradas de dereitas por axudalo.
O 26 de xuño foi levado a xuizo, no que foi declarado "el mayor criminal de cuantos en estos últimos años se han sentado en el banquillo". E concluiu con dúas penas de morte, aparte da indemnización dos herdeiros das súas vitimas e as cantidades sustraidas.
Foi executado no garrote vil o 7 de agosto de 1952 e enterrado nunha fosa común do cementerio de San Amaro.
Sen dúbida é unha das figuras máis relevantes dos maquis. Cando lin a súa historia acordeime do meu bisavó ó que nunca cheguei a coñecer porque morreu pouco antes de nacer eu, pero que meu pai contame as súas historias como maquis, xa que viviu con el gran parte da súa vida e o ten como o seu heroe. A verdade e que gustaríame habelo coñecido e que me contase algunha desas historias e podela contar neste blog, porque seguramente fora igual ou máis interesante ca deste home (sen quitarlle méritos, xa que a min pareceme un guerreiro como poucos que non se rendiu nunca ante o enemigo).
Aqui deixo dous testimonios, o da filla de Foucellas e dos veciños:



SAÚDE E REPÚBLICA!!!

domingo, 1 de febrero de 2015

A Xoana de Arco coruñesa.

María Maior Fernández da Cámara e Pita, máis coñecida como María Pita, é unha das figuras máis emblemáticas da cidade de A Coruña. Creese que naceu entre o 1562 e o 1568 en Sigrás, Cambre e morreu no ano 1643. Para falar do que lla fixo unha das mulleres máis significativas da historia galega, temos que remontarnos á guerra anglo-española (1585-1604).
Felipe II querendo invadir o Reino de Inglaterra envía en 1588 á "Armada invencible" dirixida polo duque de Medina-Sidonia cun total de 137 navíos frente aos 226 dos ingleses, pero estaban moito mellor armados xa que tiñan os mesmos cañóns. Cruzarían a Canle da Manga e desembarcarían 30.000 homes que se farían con todo o territorio inglés.
Pero todo foise a pique, porque os ingleses tiñan máis e mellores barcos, xa que Felipe II fixera os barcos a todo correr. Ademais, de camiño cara Inglaterra houbo unha serie de tormentas que debilitaron tanto ós navios como á tripulación enfermandoa. Ainda así, lograron chegar a costa inglesa, pero cando entraron nas bahias para invadir os pobos costeiros foron encerrados pola retaguardia por barcos suicidas ingleses cargados de explosívos. Estos aínda que non hundiron a moitos barcos, conseguiron danar ós cabecillas e ós que levaban munición e víveres. Entón tras varias batallas conseguiron espallar ás tropas españolas que moi debilitadas volveron cara España para facerse máis fortes nos portos de Santander e San Sebastián. Pero os ingleses, sabendo o que iban a facer, deciden xuntar unha gran flota e acabar cos barcos que quedaban da armada para acabar coas posibilidades dun novo ataque por parte dos españois.
Un dos capitáns, o corsario Francis Drake, cando se estaba aproximando as costas españolas recibe un rumor de que ó porto da cidade galega de A Coruña chegou un galeón con máis de 5.000 pezas de ouro, parte xunto a unha parte das tropas cara a cidade. Esta só contaba con 1.500 soldados que a defendían contra os 20.000 do exército inglés. Foronos minando conforme ían acercandose cara a costa e logo encerráronse nas murallas. Os ingleses tiveron que empregar a gran número de soldados para asaltar as murallas. Cando xa case acabaran co exercito español, un alférez matou ó marido de María Pita, Gregorio de Recamonde integrante das tropas españolas, esta ó velo morto colleu (segundo a versión) unha pica ou un arcabuz e matou ó alferez que xa estaba poñendo a bandeira inglesa na cima da fortificación. Entón co grito: "Quen teña honra, que me siga" conseguiu que se lle unisen un gran número de civís ,entre eles mulleres e nenos, contra o exército inglés que ao ver que un mando tan alto morrera a mans dunha muller minaralles a moral os soldados. Conseguiron gran número de baixas e despois de varias horas de loitas conseguiron botar ós ingleses que os superaban por dez en número.
Despois deste suceso Maria Pita axudou ós feridos. E no 1596 foille entregado un soldo de alférez de 5 escudos polos servizos prestados á coroa.
Encántame esta historia porque rompe cos arquetipos que teñen os casteláns sobre os galegos e tamén porque é un claro exemplo de que o que ten o verdadeiro poder é o pobo e que xunto pode facer calquer cousa.