domingo, 14 de diciembre de 2014

Da fama mundial ao olvido.

José Manuel Rey de Viana (Ourense, 1923/ A Coruña,1995) formouse xunto a grandes nomes da danza moderna. Perfecionou a súa técnica clásica e estudiou as danzas folclóricas mundiais na súa estancia en Alemaña. Cando volve a Galiza na década dos 50 decide xunto a súa muller, Victoria Canedo, tamén maestra de baile, proponse exaltar e dignificar os bailes tradicionais galegos como principal obxectivo da súa carreira. Entón percorre toda Galiza recuperando as danzas, lendas, tradicións e as indumentarias propias de cada zona, para logo proxectalo ás súas coreografías.
O Ballet Galego Rey de Viana creao no 1949. Pero ata 1955 en Coruña non realizan ningunha actuación, naquela actuación representéronse danzas das montañas e da costa que se mesturaban coa visión de danza de José Manuel, isto acabaría sendo a marca da casa do BGRV. Con esa actuación comenzan unha xira por toda Galiza.
No 1959 o Instituto da Cultura Hispánica de Madrid mandalles unha invitación para que participen no Festival de Danza Hispanoamericana que celebrouse na Praza de Toros de Cáceres e reciben o primeiro premio da Cidade de Cáceres do Festival de Danza Hispanoamericana. 
Nas seguintes dúas décadas, o conxunto alcanza o seu maior esplendor actuando por toda Europa (Londres, Venecia, París..) e América (Chile, Uruguay, Arxentina, NY..), e recibe numerosos premios nacionais e internacionais como o galardón o mellor conxunto extranxeiro nos Festivais Internacionais de Bruselas, o Festival Céltico de Quimper en Francia otorgalles o tiítulo do primeiro ballet folclórico da historia no ano 1969, a Medalla de Ouro da Feria Mundial de Nova Iork en 1964 na que actuaron durante tres meses no pabillón de España e tendo moito éxito, Medalla de Ouro no Festival Milenario de Luxemburgo, no ano 1966 Jose Manuel Rey de Viana recibe o Pedron de Ouro e no 1994 a medalla Castelao pola sua dedicación a Galiza. Estos son uns poucos entre todos os que teñen.
Dende o ano 1971 ata 1990 a xestion pasa a mans da Deputacion Provincial da Coruña e a depender da Xunta. No 1991, coa formación do Instituto Galego das Artes Escenicas, o Ballet Galego Rey de Viana convertese nunha parte do organismo como unidade de producción de espectáculos coreográficos. Nesta etapa van de xira por España, viaxan duas veces a Nova Iork, fan unha xira por Sudamérica...
No ano 1995 cando morre Jose Manuel Rey de Viana a sua muller Victoria Canedo retoma o seu traballo, realizando obras fieles o estilo do seu marido.
Pero por desgracia, coa chegada o poder do BNG a Conselleria de Cultura da Xunta  no 2006 o ballet peligra, a directora pide audiencia e Anxela Bugallo ofrecese a ser asesora xunto a tres profesoras cos coñecementos suficientes para seguir a labor. Pero o goberno pecha o Ballet Galego Rey de Viana por non corresponder coa idea de danza do novo goberno. E o fin da mellor escola de danza de Galicia con mais de 50 anos de historia.
En maio do 2007; por peticion de Carlos Corton (un antigo membro da formacion), da sua esposa e do seu amigo Alfredo Erias ao conselleiro de cultura de Betanzos, Francisco Diaz; aprobase a construccion dunha sala para retomar o traballo do Ballet Galego Rey de Viana. 










Este home foi un facha de moito coidado asi que fixeron ben en eliminalo agora xa é máis imparcial.

domingo, 7 de diciembre de 2014

Un dos meus fotógrafos favoritos.

Manuel Valcárcel Cabo (Monforte de Lemos, 1975) é un fotógrafo que viaxou medio mundo captando lugares impresionantes. Traballou tamén de operador de cámara para Antena 3 e realizador gráfico. E recibiu numerosos premios a nivel nacional.
Me encantan as suas fotos porque con elas faime sentir a liberdade natural en lugares como O Courel. Pero á vez saber que temos que preservar estos lugares e non destrozalos como estan facendo empresas por todo o mundo, xa que son moi importante para a biodiversidade e que o cambio climatico non se acrecente.


Neste video a parte do anterior o que vexo é que gustalle a vida nun pobo e critica que esta estase perdendo polas comodidades que ofrecen as cidades. Por eso só retrata ás persoas maiores porque son as unicas persoas que quedan nestos pobos alonxados.
A verdade é que cada vez que reproduzo este video, entranme unhas ganas impresionantes de comprarme unha casa ali e quedarme a vivir para sempre porque sen duda encantame. Poder ir pasear por esos bosques virxes, escalar os montes, pescar no río, pasar as noites frias de inverno durmindo ó lado do lume da lareira, escoitar o ouveo dos lobos nas noites de lúa chea, despertar pola maña con todo cuberto de neve... Un soño feito realidade sen dubida...!

Tamen fai curtametraxes coma esta chamada fame que vai sobre o que pasaria despois dunha bomba nuclear que asolase o mundo.


Tamén gústame o álbum de fotos que ten publicado na súa paxina web que se chama nómadas. Nel retrata a diferentes tipos de sociedades minoritarias, que viven alonxadas da civilización e que seguen a manter os seus costumes. Como son mongoles, bereberes, as xentes dos Andes, do Amazonas...
Faime reflexionar se isto da globalización e de vivir no primer mundo e tan bo coma nos pensamos. Estas persoas viven moito máis felices ca nos co pouco que teñen. Na miña opinión o mundo no que vivimos e as sociedades estanse indo a piques ninguén axuda a ninguén cada un mira polo seu e non pensa nos demais, pero sen embargo todos queren seguir as modas e en canto ven a alguén que é diferente ó resto discriminao. Polo que se debería mirar máis por preservar estas culturas que nos últimos anos estanse perdendo a un ritmo frenético, que o que creo que quere plasmar Manuel con este álbum.

Estou esperando a que saia o seu documental titulado Tempo, que anunciou cun Teaser que publicou hai un ano. Polo que parece trata sobre O Courel, as distintas estacions nel e tamén sobre a degradación do entorno natural. Deixo o Teaser, o e a páxina de Manuel Valcárcel  para que vexades as suas fotos impresionantes que sen duda recomendo.


                                               http://www.manuelvalcarcel.com/
















miércoles, 26 de noviembre de 2014

O único resto escrito gaélico en Galicia.

Na Igrexa de Santiago de Betanzos construida no século XIV no solar dunha igrexa románica anterior, podese encontrar nun dos contrafortes góticos unha inscripción entre diversos debuxos como unha vara cunhas tesoiras, unha árbore da vida e unha cruz do temple.

Tratase dunha epígrafe pero non  é como as demais gravadas en igrexas, esta ten a particularidade de que non trata un tema relixioso. Esta fala do pobo que erixiu o edificio.


Como podemos ver na imaxe podemos distinguir a simple vista varias letras como o "A" e o "E", tamen o "g" e o "C" con un unha especie de til que se lle chama lenición. Logo o que non se ve con tanta facilidade é que a última letra é un "D" e logo no medio da palabra vese unha forma rara tratase dunha superposición de dous signos o "L" e o "T" que se une a un "A". Polo que o que poría sería algo así como A’ Ġaeltaċd
Estudiando as linguas gaélicas como o gaélico irlandés moderno, Gaeltatch significa zona de fala irlandesa, e dicir, zona de fala gaélica. E no gaélico escocés moderno, Gàidhealtachd significa zona de fala gaélica en Escocia (que son as Highlands) e cando vais precedida polo artigo escríbese A'Gàidhealtachd. 
Entón, tendo en conta que se trata dun gaélico pouco evolucionado podería decirse que pon que era unha zona de fala gaélica. Sería a primeira inscripción escrita en nesta lingua en Galicia polo que isto é un descubrimento moi importante.
Supoñendo que esta inscripción fixérase no ano no que se edificou (S.XIV) estariamos nunha etapa na que o galego-portugués é unha lingua en auxe que se fala en todo o Reino de Galicia. Polo que esta inscripción cambia un pouco as tornas xa que quere dicir que ainda nesa zona falábase o idioma galaico (procedente do celta non do latín) que se foi perdendo coa chegada dos romanos á Gallaecia.
 Eu teño unha hipótese e é que ainda que se falaba galego-portugués había poboacíons que seguían falando o galaico e o galego-portugués como agora pasa co galego e castelán, e que finalmente foise perdendo. E que a inscripción fixoa o canteiro para que as persoas soupesen que nesta zona quedaba vestixos desta lingua minoritaria naquela época.







sábado, 22 de noviembre de 2014

A ponte dos Castros.

No concello de Ferrol hai un pobo cunha fermosa praia e unha lagoa proxima ó mar que e un espazo de interese natural, chamado Doniños.

O Castro de Lobadiz ,que se encontra na punta da marxe dereita e que se encontra moi deteriorado polas contruccións ilegais, e as Illas Gabeiras, un archipego que se encontra a 400m mar adentro dende a punta, son os que dan o nome ó pobo.
Doniños ven do gaélico. Primeiro a palabra dun/ dùn que significa "castro" ou "fortaleza". Esta é moi usada dentro da toponimia irlandesa e a escocesa pero anglicanizado cambiando o "u" polo "o" como en Donegal ,Irlanda, ou en Donavourd , Escocia (na imaxe)



E a palabra inis/ innis en gaélico escocés significa illa. Como en Daimh Inis (Irlanda) e Cluain Innis (Escocia).
Polo que se xuntamos a palabra dùn coa palabra innis formaremos dùn-innis ou dún-inis, que seria algo así como "illa cun castro". Que foi derivando pouco a pouco ata os nosos días como Doniños.
Isto ten moito sentido xa que encontráronse restos de cerámica e unha vasixa no archipego que se cree que antes era una soa illa e nela había un castro. E que incluso o castro na sua etapa habitada podería esta unido como o de Baroña.
Segundo a lenda, unha ponte de goma unía o castro da illa e o de Lobadiz
Existen dúas teorías sobre a orixe do nome do Castro de Lobadiz:
A primeira é que ven de levadizo polo carácter da ponte como no 1859, Montero Aróstegui escribe na historia de Ferrol que os ingleses desembarcaran na Punta Levadiza na Batalla de Brión en 1800 e Francisco Coello chámaa Punta Levadiza no mapa que fai de A Coruña en 1865.
A segunda dise que ven de Lapatiacorum nome que lle deu Ptolomeo á punta e que o LPT- pasou a LBD- e que o resto eliminouse porque era demasiado longo. 
Sin duda parece mas creíble la segunda teoría, vos que opinades?

domingo, 16 de noviembre de 2014

A avaricia do home.

Na parroquia do Val, nun lugar chamado Vilasuso, encóntrase unha formación granítica de varias rochas, a que esta máis alta apunta cara o lugar onde cada 19 anos no solsticio de verán. Non se sabe se a súa colocación é natural ou foi posta alí polos habitantes da zona. A lenda da chamada Pena Molexa, dí que na mañá de San Xoán, na hora na que non hai nin lúa nin sol, aparece unha bela "moura" peinando o seu fermoso cabelo cun peine de ouro e rodeada de tesouros. O home que logre vela se lle ofrece elexir entre a moza e un dos tesouros. Este sempre elixirá os riquezas en lugar da bela muller. O tesouro que elixiu convértese en carbón e a moza desaparece esperando a que ao ano seguinte outro home a escolla a ela.
Esta lenda represéntase todos os San Xoanes no lugar.

lunes, 3 de noviembre de 2014

Xogando ó axedrez na fachada.

O Mosteiro de Santa María de Monfero é unha construcción de orixe románica que se encontra no concello de mesmo nome.
A iglexa é un enorme templo barroco construido entre 1622 y 1656, reemplazando ó románico do século XII. Suas dimensione s son máis que considerables, tendo unha lonxitude de máis de sesenta metros.
Exteriormente, o que chama especialmente a atención é a chamativa fachada principal, que mostra unha sencillez de líneas moi peculiar á par que un colosalismo nos seus elementos. Todo isto consiguese mediante a disposición completamente cha do muro que mediante catro enormes columnas máis dos pilastras de orden compuesto. O xogo de luces e animación da fachada alcanzase mediante a original combinación en ajedrezado mediante a alternancia de pracas cadradas de granito (gris) e pizarra (negro) que contrastan polos seus distintos colores.
No interior da iglexa (altar maior y cruceiro) hai unha serie de sepulcros monumentales góticos de gran expresividad, pertencentes a distintos membros da familia Andrade. Os de máis calidade son os de Nuño Freire de Andrade e o seu fillo Pedro. Neles, as estatuas xacentes dos persoaxes aparecen vestidas como cabaleiros medievais armados, acompañados de anxos e cans (símbolo de fidelidade)
Pareceme increíble que un mosteiro tan grande e que tivo tanta importancia na antigüidade esté en ruinas e que non se faga nada por restauralo. O máximo fixeron foi sortear a súa "reforma" porque queren convertilo nun SPA. Na miña opinión o de facelo un SPA é unha mala idea porque: onde meterían todos os sepulcros e as estatuas?. Ademais, ainda que non son relixioso creo que os edificios restaurados deberían cumplir a función para a que estan destinados non para cousas que non teñen que ver e que con elas so se busca o beneficio.
Este mosteiro é moi bonito e espectacular e non é moi visitado pola xente. Creo que se se reformase sacarian beneficio igualmente porque merece a pena ir velo. Espero que a Xunta de Galiza faga algo ó respecto.

domingo, 26 de octubre de 2014

Os cantís ancestrais.

Aínda que non o pareza un dos cantís máis altos de europa encóntranse máis cerca de nós do que pensamos. Sitúanse na costa da Serra da Capelada e van dende a Punta Candieira, Cedeira (a das diapositivas), e culminan no Cabo Ortegal, Cariño. Tamém son famosos porque as rochas que os forman son as máis antigas da península e son motivo de estudo por numerosos xeólogos de todo o mundo. Estaban pegadas a Canadá nun pasado moi lonxano e se formaron fai 1.160 millóns de anos polo que solo hai 4 lugares no mundo que son tan ou máis antigos.
A sensación ó estar alí é increible, sentarse a observar as vistas impresionantes, e non escoitar nada máis que as olas chocando contra eses cantiles ancestrais. Os cabalos pastando por en medio dos toxos e das rochas, tranquilos e felices. Entón eu sentado nunha rocha imaxinome ós dinosaurios pastando neste lugar como o fan os cabalos hoxe en día. Aos celtas facendo algún rito, que ninguén sabe todavía a quen veneraban, nas rochas porque este lugar ten maxia, unha maxia que ao chegaren e ver todo aquilo impregna o teu corpo dun mundo enteiro de sensacións indescriptibles.
Sin duda, un dos lugares máis bonitos e relaxantes que visitei na miña vida, aínda que podería ser moito máis fermoso se en vez de tantos eucaliptos oubese árbores autóctonas.

domingo, 12 de octubre de 2014

O Feísmo en San Cosme de Barreiros (Lugo)

Onte como cada primeiros de mes fun visitar ós meus avós á parroquia de San Miguel de Reinante. Alí meu pai e eu decidimos ir de paseo a un alto, dende o cal pódese contemplar a costa dende Burela ata Tapia de Casariego. Mentres caminabamos íamos conversando sobre como era o pobo nos 90's cando viviamos alí. Contoume que todo empezou cando a xente comprou fincas onde había gando, a facer os seus chalets sen urbanizar e logo facía a pista para chegar á súa finca. Os constructores saltábanse á toreira as leis de costas e cun plano facían todas as vivendas. Aínda por enriba as autoridades municipais e autónomas facían a vista gorda. Aquilo xa non parecía o que meu pai vira dende pequeno, verdes pastos co seu gando. Coa entrada do novo século chegou o "bum" do ladrillo, de pequenas empresas e casas pasouse a grandes constructoras cos seus enormes guindastres e grandes edificacións, pero seguese sen respetar as leis urbanísticas, construindo ó lado de vivendas de hai cincocentos anos cos seus propios escudos señoriais e preciosas casas indianas. Chegou o goberno do tripartito sacando novas leis o que fixo paralizar as obras. Así durante un ano no que o alcalde xunto co de Foz deciden saltarse esas leis e seguir coas construcións. Ata o día de hoxe onde temos mezclado antigas vivendas cos novos inmobles.
Isto é un claro exemplo da "arquitectura" Feísta que se caracteriza por ter un alto nivel de mediocridade e por degradar o entorno onde se encontra. Este fenómeno dáse en todo o territorio galego, pero o máis polémico é o do concello de San Cosme de Barreiros e o de Foz (o que comentei). Que foi denunciado por corrupción urbanística pero que ó volver o PP ó poder, os alcaldes quedaron libres de delitos e volvéronse a dar permisos de obra coma antes, sen un plan de urbanismo. Isto nos leva a seguinte conclusión: ¿De onde vaise sacar tanta auga para tanta edificio? Se ali o único que hai son regatos case sen auga. ¿Por que non se fixo un alcantarillado por onde sacar as augas fecais e unha depuradora (que aínda non existe)? ¿Quen vai comprar esas vivendas coa crise do ladrillo? Os constructores só pensaban en chear o bolsillo co beneplácito dos concellos e da Xunta.


miércoles, 1 de octubre de 2014

Presentación

Moi boas a todos, son Dorindo Pérez Fernández e este é o meu blog para Xeografía e Historia de Galicia.