domingo, 25 de enero de 2015

O poder do pobo galego.

Chámome Pero son un pobre labrego, vivo xunto coa miña muller e os meus tres fillos nunha pequena casa que se encontra xunto o río Xubia. As terras que me dan de comer a min e á miña familia son do señor Nuno Freire de Andrade ó que chaman "o mao". Este ano foi o peor en colleitas e estamos mortos de fame, o meu fillo pequeno morreu hai un mes de fame. Na casa só comemos algunha troita que colle o meu fillo maior no río, algo de pan que queda e algún rato que hai pola casa. Estamos ameazados de morte polo señor Andrade porque non lle demos nada da colleita. Como nós está toda a zona, todos os veciños estan na mesma situación pero non podemos facer nada. Ademais por culpa dunha enfermidade á que chaman "a peste" están a morrer moitísima xente. O outro día chegou un rumor de que andan a levantarse polo sur a xente contra os nobres e que derrubaron xa varios castelos como fixera Roi Xordo hai uns anos. 

Por fin chegou o día tan esperado, tras dúas semanas de chegadas de noticias sobre os súas grandes vitorias,  Alonso Lanzós chegou a aldea xunto con uns 250 homes dicindo que se queriamos liberarnos do calvario que estabamos a vivir que nos unisemos a el e que colleramos as nosas ferramentas máis afiadas. Como non tiñamos nada que perder, xa que probablemente dese ano non íamos pasar sexa pola fame ou pola peste e que xa estabamos cansos do fillo de puta do señor de Andrade, así que miña muller colleu unha galleta e eu un fouciño. Deixamos o meu fillo maior ó cargo dos outros dous. Fomos rápidamente xunto o "exercito" e cando estivo toda a aldea preparada partimos. Polo camiño dinnos que teñen pensado ir ó castelo de Naraiho, que van a derrubalo por completo e que precisaria de toda a axuda posible pola nosa parte. Nós, aínda que temerosos porque esa fortaleza parecia inexpugnábel enriba daquel promontorio, tiñamos a certeza de que conseguiriamos o noso propósito e derrubariamos aquel castelo. Ao final chegamos a ser unhas 500 persoas entre os que se unían polo camiño e os dos pobos polos que íamos parando. Polo camiño cantabamos cancións que inventabamos sobre a marcha.
Cando chegamos ó castelo xa nos estaban esperando e o seu recibimento foi unha oleada de frechas que conseguimos evitar ocultandonos nas árbores, menos un home que preso do pánico quedou no sitio e ferironno no pecho, a cara que se lle quedou nunca a olvidarei do sufrimento que trasmitía. Entón aproveitamos que os vinte arqueiros estaban recargando para ir correndo cara o castelo. Pero para a nosa sorpresa eran demasiado rápidos e unha segunda oleada de frechas colleunos de improvisto en campo aberto coa mala sorte de que feriron a miña muller Isabel no pescozo xusto na gorxa. Eu corrín a socorrela e leveina a debaixo dun carballo. Como estaba afogandose quiteille a frecha, tonto de min. Entón empezou a desangrarse coma se dunha fonte se tratase, seguia afogandose polo que me despedin dela cun beso co que mentres llo daba recordei todo o que pasei xunto a ela, ao pouco morreu. A súa morte cheoume de valor e saín correndo cara o castelo que en poucos minutos os nosos conseguiran entran. Cando cheguei a dentro a imaxe era desoladora, o chan estaba cheo de sangue e corpos de ambos bandos. Parecía que íamos gañando a batalla así que uninme a eles e logrei matar a dous homes. O primeiro non me costou moito xa que estaba distraido matando a un pola espalda, corteille a cabeza dun fouciñazo e collinlle o mandobre. Co segundo tiven unha dura loita que debeu durar uns cinco ou dez minutos e que se non fora por Alonso nunca lograría superala, xa que axudoume abrindolle o peito de arriba a abaixo como se fose un porco. 
Á noitiña fixemonos coa fortificación tan temida ó principio e que derrubabamos pedra a pedra felices porque derrotaramos ó poder feudal. Ó terminar prendímoslle lume a todo o que quedaba do castelo ,que non era moito a verdade, e co que collimos da despensa fixemos unha pequena comilona entre os que quedabamos da irmandade e festexamolo por todo o alto.
Coa saída do sol cada un enterrou os seres vivos que morreran naquela batalla e diriximonos cara o castelo de Moeche onde se encontraba o señor de Andrade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario