sábado, 7 de febrero de 2015

Benigno Andrade García

Se nomeo a Benigno Andrade García seguro que case ninguén sabe quen é, pero se digo "o Foucellas" seguramente máis xente saberá de quen estou a falar. Benigno Andrade García "o Foucellas" foi un dos maquis máis famosos e máis buscado polo goberno franquista, naceu en As Foucellas (do que tomará o seu alcume) no concello de Mesía, Coruña  o 22 de outubro de 1908, dende moi novo traballou no campo e uns anos despois marchou a traballar a Fabero (Ponferrada) na mina de carbón. Logo vai a Curtis onde casa con María Pérez coa que ten dous fillos: Sergio e Josefa. A muller traballaba na casa do médico Manuel Calvelo e a súa muller Isabel Ríos que dirixían a célula comunista de Curtis,a chamada Sociedade Républicana Radio Comunista de Curtis, coa que Benigno simpatizou mentres traballaba no depósito de madeiras de Torres.
Cando o 20 de xullo de 1936 proclámase o levantamento franquista contra a Segunda República en Galicia, el encóntrase en Curtis.E o seu ardor pola defensa do goberno republicano fai que se enrole nunha columna que vai cara Coruña para axudar ós resistentes, pero como non teñen oportunidades de gañar dan media volta na ponte Pasaxe e Benigno retorna a Curtis. Temeroso polas represalias dos seus actos -entre eles varias requisas de ramas en Fisteos  e de dinamita en Teixeiro- botouse ó monte como moitos dos seus compañeiros. Entón cae vitima de difteria e refuxiase durante toda a guerra na zona de Curtis grazas á veciñanza,  é chamado a facer o servizo militar e declarado prófugo por non presentarse, incluso foi un bando de "busca e captura" a por el pero non o encontraron.
No 1941 a Garda Civil sospeitaba que estaba ao mando dun grupo guerrilleiro que actuaba pola zona de Sobrado-Arzúa formado a maior parte por prisioneiros republicanos.
No 1943 únese o grupo guerrilleiro chamado teniente Freijo de Lugo que actuaba principalmente na zona de Curtis-Ordes e ían moi ben armados. A maior actividade da guerrilla parte do triunfo dos aliados na 2ª Guerra Mundial. Un dos seus famosos golpes foi en febreiro de 1945 cando se lle atribuiu a morte do cabo da Guardia Civil Manuel Bello en Curtis.
Non tardou en ter problemas, e en marzo de 1945 feriuse na perna coa sua propia arma. A Garda Civil rapidamente souboo e desplegouse por toda a zona, pero os seus compañeiros xa conseguiran levalo á Coruña para que fose operado no sanatorio Sán Nicolás, na plaza de Vigo. Logo foi trasladado a unha casa no barrio de Monelos onde permaneceu seis meses, nos que vestiase de cura para poder ir a ver os partidos do Deportivo da Coruña a Riazor (era un gran seguidor do porteiro do equipo, Acuña).
En enero de 1947 volveu á loita, e na parroquia de Olos interviu nuns feitos nos que resultaron mortos Antonio Mosquera e Manuel Sánchez. Sen embargoo, marchou cara Pontevedra para xuntarse coa Quinta Agrupación, xa que tiñañ discrepancias cos seus compañeiros de partida alí en Curtis.
Entre os anos 1948 e 1949 houbo unha caida de moitos dos revolucionarios polo que Benigno decidiu refuxiarse en Betanzos xunto co seu amigo Manolito (Manuel Villar).A Garda Civil foi encerrandoo ata que o 9 de marzo de 1952 foi apresado en Costa (Oza dos Ríos) despois dunha loita na que morreu Manolito, outro guerrilleiro e un garda civil; a Benigno feríronno unha perna partíndolle o óso. E no periódico non saiu nada aparte da esquela do garda civil morto na contenda.
No interrogatorio foi torturado metendolle os dedos na ferida e movendolle o óso roto, o pobre home cheo de dor tivo que "cantar". Foron detidos varios alcaldes da provincia da Coruña e tamén persoas declaradas de dereitas por axudalo.
O 26 de xuño foi levado a xuizo, no que foi declarado "el mayor criminal de cuantos en estos últimos años se han sentado en el banquillo". E concluiu con dúas penas de morte, aparte da indemnización dos herdeiros das súas vitimas e as cantidades sustraidas.
Foi executado no garrote vil o 7 de agosto de 1952 e enterrado nunha fosa común do cementerio de San Amaro.
Sen dúbida é unha das figuras máis relevantes dos maquis. Cando lin a súa historia acordeime do meu bisavó ó que nunca cheguei a coñecer porque morreu pouco antes de nacer eu, pero que meu pai contame as súas historias como maquis, xa que viviu con el gran parte da súa vida e o ten como o seu heroe. A verdade e que gustaríame habelo coñecido e que me contase algunha desas historias e podela contar neste blog, porque seguramente fora igual ou máis interesante ca deste home (sen quitarlle méritos, xa que a min pareceme un guerreiro como poucos que non se rendiu nunca ante o enemigo).
Aqui deixo dous testimonios, o da filla de Foucellas e dos veciños:



SAÚDE E REPÚBLICA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario