domingo, 22 de marzo de 2015

Árbol Xenealóxico

No meu árbol xenealóxico só conseguín chegar ata os meus bisavós e só pola testemuña, xa que son de pobos nos que non teñen o rexistro civil dixitalizado e estan demasiado lonxe para ir un día pola mañá.
Esta é a miña familia:

lunes, 16 de febrero de 2015

O 10 de marzo.

Cada 10 de marzo celébrase o Día da Clase Obreira Galega en conmemoración a revolta dos traballadores dos estaleiros de Bazán en Ferrol o 10 de Marzo de 1972 durante a ditadura de Franco.

Todo comenzou en enero de 1972 cando os traballadores exisiron o seguinte programa: 
-Salario mínimo non inferior a 400 pts. e igual por categoría (escala móvil).
-Xornada de 42 horas.
-Un mes de vacacións.
-Cen por cen en caso de enfermidade ou accidente.
-Xubilación ós 60 anos, co 100% do salario real activo.
-Readmisión de todos os despedidos por motivos sociais ou políticos e que por eso razón ninguén fora despedido.
-Un local para reunións dos traballadores.

Non se lles foi concedido todo o que pretendian conseguir polo que dividironse en dúas frontes obreiras que seguen a conter as reclamacións. Na primeira, enmárcase o recurso presentado polo xurado contra o presidente do Sindicato Nacional do Metal, no que Rodolfo Martín Villa, presidente do sindicato vertical, resolve contra os traballadores. Aínda por enrriba comunicaselles deliberadamente máis tarde a sentenza. 

Na segunda fronte, o día 22 de febreiro de 1972 reclamando un aumento de salario 2000 traballadores paran diante do descampado da fábrica pero este seralles denegado. Polo que o día 28 o mesmo mes concéntranse 3000 traballadores nunha asamblea para esixir unha reunión co director da empresa, que consiguen que este acceda. Pero esta non foi positiva senon que a empresa négase a darlles o adianto.

Entón os traballadores pretenden aumentar a presión con paros de media hora durante os días 2, 3 e 4 de marzo logrando que a prensa se faga eco e que ,por conseguinte, a empresa responde con novas ameazas.

Tres días despois asínase en Madrid o Convenio Interprovincial no que se recollen unhas mellores moi inferiores ás que se pedian dende Ferrol. Polo que o día 8 convócase unha asamblea de traballadores na que as intervención dos representantes incluíron fortes críticas contra o convenio e o sindicato vertical.

A causa desta asamblea, os enlaces vogais do xurado José María Riobó e Manuel Amor Deus, e os enlaces José Díaz Montero, Ramiro Romero, José Miguel Rey e Alfonso Couce, todos de CCOO, quedaron suspendidos de salario. Ramiro é agredido polos gardas xurado ás portas do estaleiro por non querer asinar a sanción, e isto provoca un enfrentamento entre os obreiros e os gardas. Ante esto, todos os traballadores pararon de traballar, e ás 9:30 concentráronse cinco mil traballadores esixindo a anulación dos despidos e unha sanción para os gardas.

Para frear o paro dos traballadores a empresa convoca ós xurados para que falen cos vogais e que estes fagan que se volva ó traballo. O enlace Loureiro Ligrís afirmou que debía ser o director da empresa o que se dirixa ós traballadores, pero este ainda que acepta non soluciona nada do que se lle formula. Polo que Rafael Pillado, Antonio Romero e Ángel Porto para alentar os operarios dinlles que continuen coa súa pasividade laboral ata que lles proporcionasen garantías aos detidos e represaliados, asi que acordan manterse concentrados ata que lles den todo o que piden. Ás tres da tarde a empresa ameaza con desaloxar policialmente. E ás cinco, debido á persistencia dos obreiros, prodúcese unha forte carga con máis de vinte feridos e o peche da fábrica. A partir daquela, os choques entre traballadores e policía pasan ás rúas durante toda a tarde.

Ó dia seguinte a prensa amence cun gran espazo referido aos enfrontamentos durante 12 horas entre as forzas da "orde" e os obreiros, e ós feridos de ambas partes. A empresa decide pechar a factoría. E ás sete da mañá reúnense catro mil traballadores na porta desta. Dende alí marchan cara a avenida das Pías para que outros operarios de outras empresas se unisen a eles e facer unha asamblea. Pero no cruce entre a estrada de Castela e a avenida das Pías son interceptados pola Policía Armada, que provoca un enfrentamento entrambos bandos. Os obreiros responden arrebolando con paus e pedras. Ante esto a Policía comenza a disparar ó corpo, pero os traballadores resisten. Excepto Amador Rey e Daniel Niebla que morren e máis de 40 feridos entre os que se encontra Julio Aneiros, dirixente de CCOO, dañado moi grave. A noticia estendeuse pola cidade, os comercios e colexios pecharon e os traballadores doutras empresas paran en sinal de solidariedade.

Todo remata co peche durante 10 días de Bazán. O día 21 de marzo vólvense a abrirse as portas e reincorporanse os seus postos de traballo baixo unha forte vixilancia policial e logo a militarización da fábrica. O día 24 despiden abrese unha asamblea na que despiden a máis de cen traballadores e vinte cargos sindicais son detidos.


Fundación 10 de Marzo from Fundación 10 de Marzo on Vimeo.

sábado, 7 de febrero de 2015

Benigno Andrade García

Se nomeo a Benigno Andrade García seguro que case ninguén sabe quen é, pero se digo "o Foucellas" seguramente máis xente saberá de quen estou a falar. Benigno Andrade García "o Foucellas" foi un dos maquis máis famosos e máis buscado polo goberno franquista, naceu en As Foucellas (do que tomará o seu alcume) no concello de Mesía, Coruña  o 22 de outubro de 1908, dende moi novo traballou no campo e uns anos despois marchou a traballar a Fabero (Ponferrada) na mina de carbón. Logo vai a Curtis onde casa con María Pérez coa que ten dous fillos: Sergio e Josefa. A muller traballaba na casa do médico Manuel Calvelo e a súa muller Isabel Ríos que dirixían a célula comunista de Curtis,a chamada Sociedade Républicana Radio Comunista de Curtis, coa que Benigno simpatizou mentres traballaba no depósito de madeiras de Torres.
Cando o 20 de xullo de 1936 proclámase o levantamento franquista contra a Segunda República en Galicia, el encóntrase en Curtis.E o seu ardor pola defensa do goberno republicano fai que se enrole nunha columna que vai cara Coruña para axudar ós resistentes, pero como non teñen oportunidades de gañar dan media volta na ponte Pasaxe e Benigno retorna a Curtis. Temeroso polas represalias dos seus actos -entre eles varias requisas de ramas en Fisteos  e de dinamita en Teixeiro- botouse ó monte como moitos dos seus compañeiros. Entón cae vitima de difteria e refuxiase durante toda a guerra na zona de Curtis grazas á veciñanza,  é chamado a facer o servizo militar e declarado prófugo por non presentarse, incluso foi un bando de "busca e captura" a por el pero non o encontraron.
No 1941 a Garda Civil sospeitaba que estaba ao mando dun grupo guerrilleiro que actuaba pola zona de Sobrado-Arzúa formado a maior parte por prisioneiros republicanos.
No 1943 únese o grupo guerrilleiro chamado teniente Freijo de Lugo que actuaba principalmente na zona de Curtis-Ordes e ían moi ben armados. A maior actividade da guerrilla parte do triunfo dos aliados na 2ª Guerra Mundial. Un dos seus famosos golpes foi en febreiro de 1945 cando se lle atribuiu a morte do cabo da Guardia Civil Manuel Bello en Curtis.
Non tardou en ter problemas, e en marzo de 1945 feriuse na perna coa sua propia arma. A Garda Civil rapidamente souboo e desplegouse por toda a zona, pero os seus compañeiros xa conseguiran levalo á Coruña para que fose operado no sanatorio Sán Nicolás, na plaza de Vigo. Logo foi trasladado a unha casa no barrio de Monelos onde permaneceu seis meses, nos que vestiase de cura para poder ir a ver os partidos do Deportivo da Coruña a Riazor (era un gran seguidor do porteiro do equipo, Acuña).
En enero de 1947 volveu á loita, e na parroquia de Olos interviu nuns feitos nos que resultaron mortos Antonio Mosquera e Manuel Sánchez. Sen embargoo, marchou cara Pontevedra para xuntarse coa Quinta Agrupación, xa que tiñañ discrepancias cos seus compañeiros de partida alí en Curtis.
Entre os anos 1948 e 1949 houbo unha caida de moitos dos revolucionarios polo que Benigno decidiu refuxiarse en Betanzos xunto co seu amigo Manolito (Manuel Villar).A Garda Civil foi encerrandoo ata que o 9 de marzo de 1952 foi apresado en Costa (Oza dos Ríos) despois dunha loita na que morreu Manolito, outro guerrilleiro e un garda civil; a Benigno feríronno unha perna partíndolle o óso. E no periódico non saiu nada aparte da esquela do garda civil morto na contenda.
No interrogatorio foi torturado metendolle os dedos na ferida e movendolle o óso roto, o pobre home cheo de dor tivo que "cantar". Foron detidos varios alcaldes da provincia da Coruña e tamén persoas declaradas de dereitas por axudalo.
O 26 de xuño foi levado a xuizo, no que foi declarado "el mayor criminal de cuantos en estos últimos años se han sentado en el banquillo". E concluiu con dúas penas de morte, aparte da indemnización dos herdeiros das súas vitimas e as cantidades sustraidas.
Foi executado no garrote vil o 7 de agosto de 1952 e enterrado nunha fosa común do cementerio de San Amaro.
Sen dúbida é unha das figuras máis relevantes dos maquis. Cando lin a súa historia acordeime do meu bisavó ó que nunca cheguei a coñecer porque morreu pouco antes de nacer eu, pero que meu pai contame as súas historias como maquis, xa que viviu con el gran parte da súa vida e o ten como o seu heroe. A verdade e que gustaríame habelo coñecido e que me contase algunha desas historias e podela contar neste blog, porque seguramente fora igual ou máis interesante ca deste home (sen quitarlle méritos, xa que a min pareceme un guerreiro como poucos que non se rendiu nunca ante o enemigo).
Aqui deixo dous testimonios, o da filla de Foucellas e dos veciños:



SAÚDE E REPÚBLICA!!!

domingo, 1 de febrero de 2015

A Xoana de Arco coruñesa.

María Maior Fernández da Cámara e Pita, máis coñecida como María Pita, é unha das figuras máis emblemáticas da cidade de A Coruña. Creese que naceu entre o 1562 e o 1568 en Sigrás, Cambre e morreu no ano 1643. Para falar do que lla fixo unha das mulleres máis significativas da historia galega, temos que remontarnos á guerra anglo-española (1585-1604).
Felipe II querendo invadir o Reino de Inglaterra envía en 1588 á "Armada invencible" dirixida polo duque de Medina-Sidonia cun total de 137 navíos frente aos 226 dos ingleses, pero estaban moito mellor armados xa que tiñan os mesmos cañóns. Cruzarían a Canle da Manga e desembarcarían 30.000 homes que se farían con todo o territorio inglés.
Pero todo foise a pique, porque os ingleses tiñan máis e mellores barcos, xa que Felipe II fixera os barcos a todo correr. Ademais, de camiño cara Inglaterra houbo unha serie de tormentas que debilitaron tanto ós navios como á tripulación enfermandoa. Ainda así, lograron chegar a costa inglesa, pero cando entraron nas bahias para invadir os pobos costeiros foron encerrados pola retaguardia por barcos suicidas ingleses cargados de explosívos. Estos aínda que non hundiron a moitos barcos, conseguiron danar ós cabecillas e ós que levaban munición e víveres. Entón tras varias batallas conseguiron espallar ás tropas españolas que moi debilitadas volveron cara España para facerse máis fortes nos portos de Santander e San Sebastián. Pero os ingleses, sabendo o que iban a facer, deciden xuntar unha gran flota e acabar cos barcos que quedaban da armada para acabar coas posibilidades dun novo ataque por parte dos españois.
Un dos capitáns, o corsario Francis Drake, cando se estaba aproximando as costas españolas recibe un rumor de que ó porto da cidade galega de A Coruña chegou un galeón con máis de 5.000 pezas de ouro, parte xunto a unha parte das tropas cara a cidade. Esta só contaba con 1.500 soldados que a defendían contra os 20.000 do exército inglés. Foronos minando conforme ían acercandose cara a costa e logo encerráronse nas murallas. Os ingleses tiveron que empregar a gran número de soldados para asaltar as murallas. Cando xa case acabaran co exercito español, un alférez matou ó marido de María Pita, Gregorio de Recamonde integrante das tropas españolas, esta ó velo morto colleu (segundo a versión) unha pica ou un arcabuz e matou ó alferez que xa estaba poñendo a bandeira inglesa na cima da fortificación. Entón co grito: "Quen teña honra, que me siga" conseguiu que se lle unisen un gran número de civís ,entre eles mulleres e nenos, contra o exército inglés que ao ver que un mando tan alto morrera a mans dunha muller minaralles a moral os soldados. Conseguiron gran número de baixas e despois de varias horas de loitas conseguiron botar ós ingleses que os superaban por dez en número.
Despois deste suceso Maria Pita axudou ós feridos. E no 1596 foille entregado un soldo de alférez de 5 escudos polos servizos prestados á coroa.
Encántame esta historia porque rompe cos arquetipos que teñen os casteláns sobre os galegos e tamén porque é un claro exemplo de que o que ten o verdadeiro poder é o pobo e que xunto pode facer calquer cousa.




domingo, 25 de enero de 2015

O poder do pobo galego.

Chámome Pero son un pobre labrego, vivo xunto coa miña muller e os meus tres fillos nunha pequena casa que se encontra xunto o río Xubia. As terras que me dan de comer a min e á miña familia son do señor Nuno Freire de Andrade ó que chaman "o mao". Este ano foi o peor en colleitas e estamos mortos de fame, o meu fillo pequeno morreu hai un mes de fame. Na casa só comemos algunha troita que colle o meu fillo maior no río, algo de pan que queda e algún rato que hai pola casa. Estamos ameazados de morte polo señor Andrade porque non lle demos nada da colleita. Como nós está toda a zona, todos os veciños estan na mesma situación pero non podemos facer nada. Ademais por culpa dunha enfermidade á que chaman "a peste" están a morrer moitísima xente. O outro día chegou un rumor de que andan a levantarse polo sur a xente contra os nobres e que derrubaron xa varios castelos como fixera Roi Xordo hai uns anos. 

Por fin chegou o día tan esperado, tras dúas semanas de chegadas de noticias sobre os súas grandes vitorias,  Alonso Lanzós chegou a aldea xunto con uns 250 homes dicindo que se queriamos liberarnos do calvario que estabamos a vivir que nos unisemos a el e que colleramos as nosas ferramentas máis afiadas. Como non tiñamos nada que perder, xa que probablemente dese ano non íamos pasar sexa pola fame ou pola peste e que xa estabamos cansos do fillo de puta do señor de Andrade, así que miña muller colleu unha galleta e eu un fouciño. Deixamos o meu fillo maior ó cargo dos outros dous. Fomos rápidamente xunto o "exercito" e cando estivo toda a aldea preparada partimos. Polo camiño dinnos que teñen pensado ir ó castelo de Naraiho, que van a derrubalo por completo e que precisaria de toda a axuda posible pola nosa parte. Nós, aínda que temerosos porque esa fortaleza parecia inexpugnábel enriba daquel promontorio, tiñamos a certeza de que conseguiriamos o noso propósito e derrubariamos aquel castelo. Ao final chegamos a ser unhas 500 persoas entre os que se unían polo camiño e os dos pobos polos que íamos parando. Polo camiño cantabamos cancións que inventabamos sobre a marcha.
Cando chegamos ó castelo xa nos estaban esperando e o seu recibimento foi unha oleada de frechas que conseguimos evitar ocultandonos nas árbores, menos un home que preso do pánico quedou no sitio e ferironno no pecho, a cara que se lle quedou nunca a olvidarei do sufrimento que trasmitía. Entón aproveitamos que os vinte arqueiros estaban recargando para ir correndo cara o castelo. Pero para a nosa sorpresa eran demasiado rápidos e unha segunda oleada de frechas colleunos de improvisto en campo aberto coa mala sorte de que feriron a miña muller Isabel no pescozo xusto na gorxa. Eu corrín a socorrela e leveina a debaixo dun carballo. Como estaba afogandose quiteille a frecha, tonto de min. Entón empezou a desangrarse coma se dunha fonte se tratase, seguia afogandose polo que me despedin dela cun beso co que mentres llo daba recordei todo o que pasei xunto a ela, ao pouco morreu. A súa morte cheoume de valor e saín correndo cara o castelo que en poucos minutos os nosos conseguiran entran. Cando cheguei a dentro a imaxe era desoladora, o chan estaba cheo de sangue e corpos de ambos bandos. Parecía que íamos gañando a batalla así que uninme a eles e logrei matar a dous homes. O primeiro non me costou moito xa que estaba distraido matando a un pola espalda, corteille a cabeza dun fouciñazo e collinlle o mandobre. Co segundo tiven unha dura loita que debeu durar uns cinco ou dez minutos e que se non fora por Alonso nunca lograría superala, xa que axudoume abrindolle o peito de arriba a abaixo como se fose un porco. 
Á noitiña fixemonos coa fortificación tan temida ó principio e que derrubabamos pedra a pedra felices porque derrotaramos ó poder feudal. Ó terminar prendímoslle lume a todo o que quedaba do castelo ,que non era moito a verdade, e co que collimos da despensa fixemos unha pequena comilona entre os que quedabamos da irmandade e festexamolo por todo o alto.
Coa saída do sol cada un enterrou os seres vivos que morreran naquela batalla e diriximonos cara o castelo de Moeche onde se encontraba o señor de Andrade.


sábado, 17 de enero de 2015

O noso músico máis internacional.

Carlos Núñez Muñoz (Vigo el 16 de julio de 1971) é un músico e compositor galego con gran fama mundial.Obteu un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario ós Grammy latinos e galardóns en todo o mundo. Foi nomeado Embaixador Europeo do Medio Ambiente e actuou en Roma ante dous millóns de persoas convocadas polo Papa.
Ós oito anos, Carlos decidiu aprender os segredos da música tradicional e da gaita e ós 12 foi invitado a tocar como solista coa Orquesta Sinfónica de Lorient unha composición do irlandés Shaun Davey. Pouco despois comezou a estudar flauta de pico no conservatorio de Madrid con calificacións de Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira.
En 1989 gravou por vez primeira cos Chieftains para a banda sonora d'A Illa do Tesouro. Dende aquela Carlos é o séptimo Chieftain e xunto a eles tén acadado un Grammy polo disco conxunto Santiago ou tén actuado con eles no Carnegie Hall de Nova York e no Royal Albert Hall de Londres a carón de artistas como Bob DylanThe WhoLou ReedSpin DoctorsBon JoviAlice Cooper...Cando en 1996 publicou A irmandade das estrelas, o seu primeiro álbum en solitario, Carlos Núñez xa era un artista recoñecido en todo o mundo. No disco colaboran máis de 50 músicos, entre eles The ChieftainsRy Cooder,Luz Casal e Dulce Pontes.
En 1999 editouse Os amores libres, o seu segundo álbum que vendeu máis de 250.000 exemplares en España, un acontecemento extraordinario para a música galega con alcance internacional. Foi gravado en dez países diferentes durante dous anos, con el exploraba as conexións entre a música celta e o flamenco coa participación de artistas como Jackson BrowneNoaMike Scott (de The Waterboys), Teresa Salgueiro (de Madredeus)CañizaresSharon ShannonDan Ar Braz, músicos andalusís de Marruecos e xitanos de Rumanía…
Mayo longo, publicouse no 2000 e significou o acercamento a estructuras máis pop, que aumentou o seu recoñecemento popular. Fue tamén o descubrimento de Carlos como compositor, nunha canción en colaboración con Roger Hodgson (de Supertramp), outras foron con Sharon ShannonLiam O’Flynn ou Ronnie Drew de The Dubliners.
En 2002 publicou unha antoloxía, Todos os Mundos, que incluía ademáis dunha selección da sua obra, gravacións que realizara para discos de outros artistas como The ChieftainsAndreas VollenweiderSharon Shannon ou Liam O’Flynn.Con 30 anos edita  Almas de Fisterra, un disco de irmandade entre as Finisterras, a nosa e a de Bretaña, que son moi similares nas súas terras, nos costumes e na música.Durante tres anos viviu en Bretaña seleccionou o mellor das músicas dese país. Mesmo fixo un libro da experiencia “Entre Fisterras” e un documental para France 3.Acompáñase neste disco dos mellores músicos de Bretaña, como Alan Stivell, Dan Ar Braz ou Gilles Servat; outros descoñecidos, como vellos músicos da Bretaña que conservan toda a esencia e a pureza da máis auténtica música celta.
2004 ve a primeira gran colaboración de Carlos co mundo do cine, e pola porta grande. Alejandro Amenábar pídelle unha canción do primeiro disco para a súa nova película Mar Adentro e isto remata na participación de Carlos en prácticamente toda a banda sonora da película, que ganaría un Oscar, así como 14 Premios Goya incluído o de música.
En xullo dese año, no Auditorio de Castrelos en Vigo, gravouse en directo un espectacular DVD e un CD, Carlos Núñez & Amigos ante 30 000 persoas, que chegou a DVD de ouro,  alí coñeceu a The Chieftains (que quedaron prendados daquel rapaz, xa daquela mestre da gaita).  Alí volve a reunirse cos seus vellos amigos The Chieftains, coa acordeonista irlandesa Sharon Shannon, co arxentino León Gieco, coa banda de gaiteiros The National Youth Pipe Band of Scotland…
Agora presenta un novo disco, Cinema do Mar, no que explora o mundo das bandas sonoras, desde Mar Adentro ata as varias bandas sonoras nas que tén participado últimamente, sobre todo en Xapón, pasando por versións celtas de grandes clásicos do cine. 
As miñas canciones favoritas del son a Muñeira de Freixido e Viva la Quinta Brigada. A primeira é unha versión da canción feita por Gumersindo Parapar que foi o avó dunhas compañeiras de clase de toda a vida e que me encanta porque me recorda á película da que é banda sonora A illa do tesouro. E a segunda tamén e unha versión dunha canción que cantaban os volutarios internacionais que axudaban ó goberno da República a combatir contra as Forzas Franquistas na Guerra Civil Española. 




sábado, 10 de enero de 2015

Pintor galego na Casa Branca

Isidro Alvariño Martínez é un pintor autodidacta realista de San Miguel de Reinante (Lugo).
A súa pasión pola pintura comenza nas chuviosas de inverno no desván da casa onde vivía cos seus pais, sua irmá e a súa avoa materna, á que inmortaliza en moitas obras, pero a que máis fama tivo foi a titulada La muerte de mi abuela que pintou no 1979 con un realismo e sentimento que asombra.
Ós dezaseis anos tendo moi claro o que quere facer, marcha cara Madrid a estudar na Escola de Artes. Cando termina os seus estudos, viaxa a Francia fascinado polo impresionismo de Renoir, Monet e Degas, e alí permanece un tempo disfrutando do movemento. Entón retorna a Madrid e comenza a participar en concursos e exposicións de pintura, na primeira quedando en segunda posición, e logo participando nunha exposición colectiva en 1969 e outra individual en 1972. Pero no 1975 regresa a súa terra natal por morriña, onde a súa carreira comenza a consolidarse e convértese en profeta da súa terra. Ao ano seguinte, participa nunha exposición celebrada polo Bimilenario da fundación de Lugo. Nos anos seguintes fai diversas exposicións por Galiza.
No ano 1983 dende Washington, recibe o encargo da súa vida: pintar un retrato do entón presidente dos Estados Unidos Ronald Reagan. Cando termina a obra, viaxa a EEUU xunto con outras personalidades como son o Comisionado de Policía de Connecticut Alfonso Losada, e, o alcalde de Bridgeport, Leonard Paoletta. Son recibidos polo Presidente en funcións George Bush pai. Decide quedarse uns meses no país realizando unha exposición en Nova Iork que tivo críticas moi boas por parte do público.
No ano 1984 expón no Le Salon des Nations de París obras como Mi abuela e La deshumanización de la maternidad na que trata o maltrato e o abandono infantil.
Xa de volta a Deputación de Lugo encargalle un retrato de todos os seus presidentes dende 1936 ata a fecha. E en 1993 e elexido lugués do ano.
Nove anos despois, o Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, encargalle tamen facer retratos de todolos presidentes.
Numerosas obras de Alvariño foron parar a EEUU, Venezuela, México ou Francia, e tamén a na Colección de cadros do concello de Madrid.

Alvariño combina o realismo psicolóxico co mundo dos matices e calidades das materias. Ao modo dos pintores de antes sabe cal é o seu oficio. Dende el parte a aventura o misterio do tema, a liña e a cor. Pode ser moi realista, pero á vez, tamén pode ser espiritista e parapsicólogo cando lle hurga a curiosidade por inquirir o que pode haber máis alá das apariencias e das realidades tangibles. Tamén atraelle o surrealismo e o psicoanalizable.

Esta obra é a miña favorita porque faime recordar as terras do concello de Barreiros de onde eu son. O cadro é de Santiago de Reinante que se encontra ao lado do meu pobo e tamén de Alvariño, San Miguel de Reinante. Polo que este cadro faime recordar as numerosas veces que pasei por alí para ir as excepcional praia de Arealonga ou para ir a Ribadeo. Sen dúbida é impresionante o realismo desta pintura.