domingo, 3 de mayo de 2015

Un asturiano en Narón.

Nacín no 1969 e aínda que din que os recordos de cando un é moi pequeno non quedan grabados, a miña mente lembra o dia que meu irmán e eu, con seis e tres anos respectivamente, quedamos mirando pola fiestra á espera de ver pasar a cegoña coa miña irmá.
Daquela vivía no concello de Cangas del Narcea, onde pasei a miña infancia cando íamos á escola (onde a letra con sangue entra). Nunca olvidarei cando falta algo e sempre levaban as culpas os mesmos, e ver chegar ó director como a man aberta descargabase cos tres pobres mozos, daba igual que choraran e imploraran que eles non foran, as labazadas caían neles. Eu ó ver isto temblaba por medo a que algun dia tocarame. O horario escolar era de 9 da mañá a 1 da tarde e de 3 a 5:30 da tarde. Os fins de semana había feiras de gando onde eu ía axudar ós tratantes a levar as reses ós camións, nunha desas veces unha delas caeu cara atrás e un gandeiro salvoume de que me aplastara. Pagabanme 100 pesetas por facelo toda a maña. Polas tardes viamos as películas do oeste na tele en blanco e negro, e ao rematar faciamos unha de vaqueiros como a cancion de Sabina, entre os da parte sur do barrio e os da parte norte. Ata que me tocou facer a primeira comunión, tocoume ir a iglesia onde levei moitas labazadas porque non estudiaba o catecismo e que deixoume marcado para toda a vida, cando a fixen, dixenlle a miña nai con 7 anos: ¿Por que non me compras unha caña de pescar e un carrete? E ela respondeume: Dille a teu pai que te dea a del que total di que vai pescar, pesca merluza e logo compra as troitas. Meu pai non poido dicir que non pois pillaranlle a trampullada. Armeime de toda a súa indumentaria: botas da talla 42, caña de tres metros, carrete Michel e o cesto, parecia un verdadeiro profesional. Asi foi como comenzou a miña aficción pola pesca. Recordo a meu pai cando chegaba da mina freir as troitas que pescaba. Un dos días de pesca ao intentar saltar dun lado ó outro o cesto enganchouse unhas rama, caín nun pozo, como as botas eran cinco tallas máis grandes fun para o fondo e quiteinas como dicianme os vellos pescadores. Nas vacacións xogabamos un torneo de fútbol e o equipo gañador conseguia unha botella de gaseosa que pagaba o perdedor ao cal tocaballe  ir beber a auga do río que non baixaba moi limpo e diciamos antes de facelo: A auga corrente non mata á xente. Os recordos dos mineiros esperando ós autobuses para subir a mina e os camións carretando o carbón, recordos de nostalxia porque todo iso xa desapareceu.

Coa chegada da adolescencia apunteime a un pequeno grupo de atletismo o cal foi disminuindo en numero de mozos. A vila estaba en plena crise do sector mineiro e a droga facia estragos dende o meu irmán ata os meus mellores amigos foron caendo na praga dos 80's, a maioria deles xa desgraciadamente levounos a merda. Con 16 anos miña avoa enferma de cancro polo que decido marchar de casa para non ver os estragos que ocasionaba nela a maldita droga. Corría o ano 1986 e funme a San Miguel de Reinante onde axudaba a meu avó cos coidados de miña avoa, e nos poucos tempos que tiña libres conseguin algo que sempre gustoume: aprender a tocar a gaita.

En febreiro de 1988 falece miña avoa e chamanme a quintas ao mes seguinte o meu destiño: Ferrol. Todavía lembro as primeiras palabras que dixen ó pasar a ponte das Pías: Cando licencie non volvo pisar Ferrol na miña vida. O 13 de Novembro de 1988 vou a discoteca e vexo unha rubia espampanante e os compañeiros tamén se fixaran nela, eu era moi timido pero aquel dia foi coma se me caera un raio na cachola e ataquei antes de que o fixeran os meus compañeiros, resumindo, esta vez a pesca resultou exitosa en Ferrol e tiven que tragar as miñas palabras de que non iba a volver a Ferrol. En 1990 depois de dous anos viaxando todas as fins de semana no tren decidimos botarlle valor e casarnos. Diriximonos cara a casa da moza para pedirlle a man a seu pai pero non puiden falar porque meteu a pata a súa irmá maior. Asi que decidimos fugarnos de casa para conseguir o noso proposito e asi foi. Tras uns anos nos que fumonos vivir a San Miguel de Reinante e nos metimos unha agrupación folklorica chamada O Arco da Vella coa que viaxamos por toda España e a unha unica forma que tiñamos de facelo xa que a nosa economía e a falta de vacacións non nos permitian facer nada. No 1996 morre o que foi como un pai, meu avó, e dicidimos ter fillos. En xullo de 1997 nace Dorindo, o primoxenito, e coa mesma chega a lei de costas que prohibe construir ao lado do mar e o traballo escasea ata chegar ó punto no que temos que emigrar a Valladolid onde botamos dous anos marabillosos. Eu traballaba nunha empresa familiar e como di o dito nunca traballes para a famila  xa que a cousa acabou mal e tivemos que regresar a Narón (ao que nunca mais ía volver) onde nos quedamos. Encontro traballo na construcción coma sempre nas mesmas condicións: dez horas de traballo (sabados incluidos), sen pagas, sen vacacións, contratos por obra e sen liquidación. Co "bum" do ladrillo os bancos metiante os prestamos polos ollos e decidimos comprar un piso de segunda man (que da a casualidade de que temos a misma idade) pensando no que poderia pasar e no que ainda seguimos vivindo. No ano 2006 nace a nosa segunda filla tras anos de insistencia do fillo mayor en ter un irmán ou irmá  co que poder xogar, á que lle puxen Noa porque gustame a cantante co mesmo nome. E a nosa vida sigue correndo ou con menos pelo, máis barriga e algunha que outra cana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario