sábado, 9 de mayo de 2015

Catástrofe mineiro-ambiental.

Na primeira década do século falábase dun proxecto de mina de andalucita, un mineral que serve na siderurxia, a 50 metros do Parque Natural das Fragas do Eume nun enclave chamado Pico Vello. A oposición era unánime pero aínda así seguía intentandose levar a cabo.

Tras moitos anos de loita entre ecoloxistas e o goberno no ano 2020 apróbase e comenza a funcionar. Cando teñen medio monte derrumbado danse conta de que non hai tanta cantidade do material tan preciado pero decidiron acabar co monte enteiro para conseguir extraer todo o material posible. Nun dos intentos por derrubar o monte rápidamente para conseguir moito beneficio en pouco tempo, producese un descuido dos operarios fai que parte do material que empregaban, que é moi tóxico para as persoas, chega a un dos afluentes do Eume e ó Belelle e con isto a catástrofe.

Ambos ríos contamínanse de tal forma que comenzan a morrer todos os seres vivos da zona, dende árbores ata peces pasando por corzos, xabarís, rás... No Eume, intentado frealo pechan o encoro da Capela pero xa é demasiado tarde a contaminación chega ata o mar e como e verán a xente estase bañando na auga e comenza a sentirse mal, algunha incluso morrendo. No Belelle as consecuencias son peores a xente non sabe que a auga esta contaminada e fai o pan que logo reparte por todas partes e morren moitisimas persoas.

Este feito difúndese rápidamente e medios de comunicacións de todo o mundo achéganse ó lugar. Todos intentan buscar ós responsables pero en canto comenzan a investigar danse conta de que é un caso moi claro de corrupción no que os políticos enchense o bolsillo a costa das subvencions sen haber un director da empresa de explotación mineira que se fixera responsable de tal hecatombe contra o Parque Natural e os habitantes da zona. Moitos científicos buscan unha solución ante tremebundo problema.

Logo de varios meses de manifestacións de milleiros de  persoas que dicían que estabanos envenenando porque seguian empregando a auga dos ríos afectados (razón non lles faltaba), un grupo de científicos rusos moi involucrados co intento de descontaminar todo dalgunha maneira consiguen dar coa maneira mediante un composto químico que non é toxico e que elimina por completo o veneno dos ríos e manantiais. Moitos políticos que estaban involucrados na trama son detidos e xulgados pero son postos en liberdade por non ter as suficientes probas.

No 2022, se leva a cabo o proxecto de depuración das augas. Este é un dos máis caros da historia e lograse con éxito durante un ano. Pero o goberno central non preocupouse por volver a plantar a fraga que había antes senon que vendeu todo-los terreos a propietarios privados. Estos plantaron eucaliptos e piñeiros por todos lados rematando co antigo Parque Natural.

Anos máis tarde moitos seguimos pensando que foi todo unha trama.

No hay comentarios:

Publicar un comentario