lunes, 4 de mayo de 2015

A Segunda Guerra Civil Española.

Tras anos de crise económica nas dúas primeiras décadas do século XXI, chegase a unha dura situación sociopolítica provocada pola represión do goberno hacia as liberdades das persoas que xa non poden manifestarse en contra del; a subida dos prezos de alimentos de primeira necesidade que en comparación cos soldos que recibían a maioría dos traballadores eran excesivamente altos; o aumento das diferencias entre as clases sociais; o número de parados aumenta exponencialmente ata os dez millóns, o número de pensionistas moito maior e a xuventude emigra cada vez máis o que produce un aumento da precariedade nas familias de clase media e baixa por culpa dos alto impostos; o tratado de libre comercio entre EE.UU e Europa; moitas persoas viven na rúa sen casa; a educación, a sanidade e a xustiza privatizanse totalmente e so un 10% da poboación pode acceder a ela con facilidade, os altos dirixentes dos sindicatos de traballadores están compinchados co goberno o que fai que os traballadores non se reivindiquen e isto axuda aos grandes empresarios e bancos sigan crecendo, a esquerda dividese en moitos frentes e non son capaces de facerlle frente o enemigo común, a dereita que permañece unida frotandose as mans; e, isto provoca unha situación insostible en todos os aspectos da vida das persoas.

No ano 2023 os sectores da poboación máis desfavorecidos como eran os labradores, os gandeiros, os traballadores das industrias, os albañís, os pequenos empresarios, os artistas e sobre todo os parados, comenzan a asociarse en cada cidade nunhas asociacións creadas e dirixidas por cada un dos que os forman coa finalidade social de axudarse mutuamente. Pouco a pouco vanse facendo máis fortes tanto en número de asociados como de asociacións. Entón a principios de 2024 comenzan a entrar na vida política loitando polos dereitos dos traballadores e pola igualdade social. Como isto non lles interesaba, en maio do ano 2025 o "parlamento" decide ilegalizar este tipo de asociacións e crea un corpo de policia chamado o RCA (Real Comité de Antiasociacionismo) e contratan a neonazis de todo o mundo para eliminalas.

A partir de este momento as asociacións decidiron reunirse nunha asamblea na que se presentaron dous representantes de cada cidade e tras seis dias de longa deliberación o 12 de xuño deciden xuntarse como un só movemento contra todas as medidas feitas polo goberno, decidiron pedir axuda a paises con gobernos de esquerdas e decidiron chamarse Movemento Anticapitalismo Doce de Xuño (MADoX). Neste momento contaban con 15 millóns de afiliados.Proclaman todos nunha marcha o 29 de outubro cara Madrid dende todos os puntos de España, xa que a represión provocada pola RCA é brutal causando miles de mortos fusilados e presos políticos torturados moitos deles ata a morte. A esta marcha asistiron 5 millóns de persoas que cando chegaron as portas da cidade encontraronse á garda civil e a policia interrompendo o paso e comenzando a disparar contra a masa matando a 10.000 persoas, firen a outras 50.000 e apresan a 200.000 polo que decidiron retirarse. Chamouselle a Marcha da Unidade e foi o detonante dunha concienciación mundial do dano que estaba facendo o capitalismo radical que se implantou. Tras varios meses de reorganización do MADoX e de axuda por países coma Grecia, Rusia, Cuba e Venezuela, que lles aportaron material militar.

O 1 de maio de 2026 ,conmemorando o dia da Clase Traballadora, deciden levantarse en armas en varias cidades do Norte contra o goberno e consigueno logrando facerse co control de Galicia, Asturias, Cantabria, Pais Vasco, Navarra e Aragón. Ao ver que esta saindo ben sen case mortos, deciden frear a revolución durante un tempo e crear un novo estado cunha constitución socialista totalmente innovadora e a este chamouselle Unión de Federacións Socialistas Españolas (UFSE) instalando a súa capital en Oviedo. Cataluña aproveitando esta situacion e unindose á Comunidade Valenciana e ás Illas Baleares independizanse creando a República Catalá. Ante esta situación o goberno español manda ao exercito español coa axuda de Europa a retomar estes territorios o 15 de Agosto pero non conseguiron nada. Senon que a UFSE conseguiu gañarlle territorios conseguindo Castela e León e Extremadura e coas mesmas intentou entrar en Madrid para poder conseguir a liberación de todo o Estado. Entón producese a gran batalla, a Batalla de Gredos nela participarou moitisimo persoal do exercito español pero era maior o da UFSE e tras un mes de batalla, o 30 de Septembro rindese o antigo goberno. A UFSE intálase en todo o anterior territorio menos na República Catalá.

Este Estado será lexitimado coa maioria dos paises da ONU e acaba sendo o comenzo dun conxunto de revolucións socialistas que acabaran coa Unión Europea e coa creación dunha organización de paises mediterráneos socialistas no ano 2030.

No hay comentarios:

Publicar un comentario