jueves, 23 de abril de 2015

A vida dun militar.

Meu avó Bernardo Fernández Garrote naceu no en San Pedro de Leixa (Ferrol) e estivo traballando na mariña en varios barcos viaxando a moitos lugares.

Alistouse na mariña 1954 cando xa estaba casado e no 1955 embarcáronno no Canarias (na foto) onde estivo na escola de artilleria, alí a comida era escasa e mala, ademáis comían en pratos de aluminio que non se limpaban entre comida; os barcos estaban en moi malas condicións, tiña que durmir en coy e durante os temporais mareabanse moito ,ademáis de que non se podía cociñar e polo tanto non podían comer. Só volvía a casa dúas veces ó ano o que provocaba que algúns dos seus fillos non o recoñecesen cando chegaba a casa e incluso dicían que era o seu avó.
Do buque saíu cabo segundo e foi destiñado a Ceuta e Tánxer durante cinco anos, neste último non podían ir pola rúa andando en grupos menores de cinco membros porque había unha milicia terrorista que asasinaba a españois pola independencia do territorio. Logo volve cara Ferrol e esta 7 anos en varios barcos ata que en febreiro de 1967 destiñano a Guinea Ecuatorial durante catorce meses ata a súa independencia en marzo de 1968, a súa función alí era ensinar ao persoal do exército e protexela. Facían prácticas de tiro todas as mañás disparándolles cos cañóns a brancos remolcados e a dróns (que xa existían daquela, asombrosamente) e exercicios de combate, contra incendios, aprovisionamento a un barco ou ao seu barco... Despois tras unha pequena estancia en Ferrol, vai a EE.UU a un cursillo nunha base naval sobre misiles, alí aprendeu as caractéristicas que tiñan e facían probas con misiles reais. Grazas a isto aumentou o seu rango a sarxento. Despois disto estivo na escolta de Franco cando ía cazar baleas e cachalote, tamén en Canarias protexendo ós barcos pesqueiros dos posibles ataques e estivo nunha fragata polo Mediterráneo estando en lugares como Mónaco ou Alexandría. Pero en 1975 comenzou a marcha verde e trasladárono a El Aaiún onde estivo hasta que rematou o conflicto e según contoume dos seus compañeiros non caera ningún  pero que vían como os marroquís asasinaba aos paracaidistas españois cando caían pero non quixo contarme máis sobre ese momento. Tras isto regresa a Ferrol quedandose no taller de misiles d´A Graña durante dez anos e ali o que facía era preparar os misís para saber se estaban ben para mandarsellos ós barcos cando saían a navegar. Saía ás dúas do medio día de traballa e se poñia a traballar pola tarda na construcción para poder manter ós seus seis fillos e á súa muller xa que o soldo que lle daban non lle chegaba. No ano 1986 queda como reserva do exército.
Meu avó é un claro testigo de todos os conflictos bélicos que tivo España durante a época franquista e como eran as concicións nas que vivían os militares tanto nesta como na transición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario