lunes, 11 de mayo de 2015

A unificación.

Corre o ano 2050, Ferrol leva perdendo arredor de mil habitantes por ano dende os anos 90 no que tiña unha poboación de arredor de 85.000 persoas, no 2005 acadaronse os 77.000 e no 2014 os 70.000, no 2027 non chegaban os 50.000 e agora en 2050 poboacón é de 23.000 habitantes. O causante deste brutal descenso é o gran declive do sector naval no que agora só traballan 200 personas arreglando de cando en vez algún barco militar e porque a vida cada vez encarecese máis.
Pola contra, Narón, aumenta de poboación exponencialmente pasando dos 30.000 habitantes no ano 2005 a os 35.000 en 2014 e ós 70.000 no 2030. Isto é debido a que os gobernos levaron políticas que favorecían tanto á industria nos polígonos de O Pozo e As Lagoas como no terciario, por exemplo, contruíndo un gran centro comercial, un pazo de deportes, melloraron os accesos á cidade, etc. Tamén fixeron que a vida fóse moito máis cómoda facendo un plan urbanístico onde o verde predomináse ante as edificacións. 

Neste ano Ferrol ten moitas débedas polo que o goberno naronés ofrecelle un acordo no que se anexionaría Ferrol ó concello para afrontalas pero con dúas condicións: que deixase de chamarse así para ser unha única cidade con Narón e conservaríanse todos os nomes dos barrios, e que se adaptasen ó modelo pólitico, económico e social. 
Ferrol somete a referendum entre os seus habitantes se aceptan o acordo ou non. A conclusión era que polo orgullo de ser unha cidade que debía conservar o seu nome dixeron que non máis do 80% da poboación.

Hoxe, 11 de mayo de 2058, decido facer unha visita pola séptima cidade máis grande de Galiza cando era mozo e que ahora é a decimo quinta. Son as doce e dez da maña e paso por diante do Concepción Arenal o meu instituto en segundo de bacherelato no que eranos sete clases, agora é o recreo e hai catro rapaces falando entre eles. Diríxome acara o barrio da Magdalena e nas rúas non hai ninguén polas rúas parece unha cidade fantasma asolada por unha gran guerra pero non é así. Tomo a decisión de voltar por medo a que algún edificio caera e que me mate. Mañá volveráse a facer o referendo que tras dous anos os ferrolanos levaban pedindo e que negaran hai 8. 
Trala consulta os datos son totalmente contrarios ós da anterior, máis do 80% esta a favor, e o 1 de Xuño anexionanse todos os territorios do antigo concello de Ferrol a Narón. Este día é recordado como o Día da unificación e encárganse de que se faga un enorme monumento conmemorandoo nun punto que separaba ambos concellos: a rotonda da ponte das cabras. 
No 2060 fánse varios plans que emplearan a milleiros de traballadores durante al menos 50 anos nos que se restructurará todo o porto para que sexa comercial, nas vilas de Doniños e Covas fomentaráse o turismo como nunca antes en ningún lugar do norte español, unha reedificación do barrio da Magdalena por novos edificios pero deixando os de patrimonio e con bo estado, etc. É dicir, unha cambio radical para a cidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario