lunes, 11 de mayo de 2015

O gran pesadelo de moitos.

E se vos digo que non dentro de moito cando os nosos fillos sexan adolescentes a maioría das praias galegas desapareceran por completo? Ese luxo do que disfrutamos agora en non moito tempo esfumarase e con sorte quedaran unhas poucas. Tamén moitos pobos que estan ó lado do mar serán inundados polo mar e as rías serían máis longas porque adentrarase polos vales anegandoos. Pode parecer de película de ficción pero esta a ocorrer a un ritmo moi acelerado.
É o verano de 2043, vivo en Madrid debido ó meu traballo de músico profesional tiven que mudarme á capital onde hai máis opotunidades, estou casado e teño 3 fillos. O maior deles esta namorado de Galicia polas fotos que ve de cando eu tiña a súa idade e quere ir a visitalo nas miñas vacacións pero sobretodo ir a praia. Eu sin dudalo acepto porque teño ganas de ver como esta todo aquelo e á miña familia que hai anos que non os vexo. Miña irmá ofreceme a súa casa para quedarnos a durmir na nosa estancia. Como os meus outros dous fillos queren quedar en Madrid, miña muller queda con eles.

Collemos o meu coche eléctrico (case non hai combustibles fósiles e a gasolina esta demasiado cara como para ter un coche deses) e diriximonos cara Narón. En Castela converterase nun deserto que parecia sacado dunha pelicula de John Wayne e as temperaturas que se alcanzabam cando pasamos por ali eran de casi 50ºC a causa do cambio climatico. Sen embargo, cando chegamos a Galiza a situación era totalmente contraria o verde comezaba a asomar coma se dunha selva se tratase grazas a os programas de axuda inserción das especies autóctonas que levara o goberno nos anos 20 cando o EU comezou a gobernar. Xa case non existen eucaliptos nin piñeiros que cubran a paisaxe. O meu fillo queda abraiado pola estampa que ve e dime que quere quedar a vivir aqui coa súa tía e chega a propoñersello, ela acepta pero só nos veráns. 
Ao día seguinte decido levalo á praia de Doniños porque nunca fóra á praia. Pero a nosa sorpresa foi increible cando ó chegar non hai nin praia nin lagoa, o mar chegou ata o pobo deixandoo a primeira liña de costa. Como non queria que o meu fillo se fose con sabor amargo de Galiza levoo ó largo de toda a costa Ártabra e Cantábrica e non hai ningunha praia. Algun dos pobos están inundados totalmente. A miña única esperanza é a praia das Catedrais  pero esta está totalmente chea de auga, e iso que había marea baixa, e solo quedaba un arco. Nese momento cheanseme os ollos de bagoas porque desaparceran todas aquela praias nas que pasei a miña niñez e o meu fillo esta triste porque todo o que idealizaba foise a piques.


No hay comentarios:

Publicar un comentario