sábado, 18 de abril de 2015

Pedro Pereira, todo un loitador.

Á esquerda unha fotografía do meu bisavó Pedro Pereira. Naceu arredor de 1920 en Vilalba e morreu en 1996 en San Miguel de Reinante de silicose producto do traballo na mina. De neno adicabase a ir coas cuadrillas para ir a segar a Castela, á Terra de Campos. Debido ó vivido no seu traballo, as súas ideas eran loitar por unha España libre do caciquismo e ditaduras (a de Primo de Rivera que viviu ata os 11 anos).
Co estalido da Guerra Civil Española decide alistarse as filas do bando republicano no ano 1936. Despois de moitos enfrontamentos como contáballe ó meu pai que mataba a moitos moros que Franco enganábaos dicíndolles que se morrían irían ó reino de Alá. que pasaban moita fame tanta que "non se vían gatos porque coméramolos todos e tiñamos que comer ata ratas". Combateu na gran Batalla do Ebro na que tivo que acabar cruzando o río a nado para que non o colleran. Pero acabaron facéndolo prisioneiro na cárcere de León onde foi condenado a pena de morte, é dicir, ó paredón. Sen embargo, un clero que polo que contaba meu bisavaó era un gran home, salvouno de ser fusilado e cumpliu condena facendo traballos coma un escravo.
Tras a guerra, foise a vivir a San Miguel de Reinante (Lugo) onde casou e tivo seis fillos. Como a vida ía moi mal xa que non tiñan alimento que levarse a boca, intentaban gañarse a vida subindo ós piñeiros para coller piñas que logo levaban ós máis adiñeirados e intercambiaban por algo de comer. Pero aínda así era insuficiente e tiña que andar polas casas recollendo as sobras da comida para lograr alimentarse medianamente ben. Esta situación chega un momento na que xa non pode máis e xunto cos seus dous fillos maiores, que tiñan 13 e 14 anos, decide ir a buscar traballo a Asturias. Encóntrano na minaría na pequena localidade de Cangas del Narcea onde se instalan e meses despois trasládase o resto da familia. Con el puxo a traballar ós catro varóns.

Lembra meu pai como lle contaban que os lobos os acompañaban mantendo a distancia ata a boca da mina. O traballo era moi duro e precario tanto para homes como para mulleres as cales tiñan que facer as tarefas da casa; ir buscar caldeiros de auga para que cando os cinco homes da familia chegaran, puideran lavarse e quitarse o negro carbón que impregnaba os seus corpos; e, ir lavar a roupa ó río que no inverno chegaba estar case conxelado polas baixo cero. As nenas baixaban andando ata a mina a recoller carbón para poder metelo na cociña bilbaina coa que quentaban a casa, facían as comidas, quentaban a auga para bañarse... Tamén, como anecdota, lembra a visita dos gardas civís para encher o bandullo e meu bisavó tiña que esconder a radio na que nas noites escoitaba A Pirenaica xunto con algúuns veciños.
Meu bisavó é un máis dos galegos que debido ás duras condicións de vida tivo que emigrar para poder sobrevivir. Pero o prezo que tivo que pagar a cambio disto foi a silicose que acabaría coa súa vida pouco a pouco xunto coa dos seus fillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario