Por fin chegou o día tan esperado, tras dúas semanas de chegadas de noticias sobre os súas grandes vitorias, Alonso Lanzós chegou a aldea xunto con uns 250 homes dicindo que se queriamos liberarnos do calvario que estabamos a vivir que nos unisemos a el e que colleramos as nosas ferramentas máis afiadas. Como non tiñamos nada que perder, xa que probablemente dese ano non íamos pasar sexa pola fame ou pola peste e que xa estabamos cansos do fillo de puta do señor de Andrade, así que miña muller colleu unha galleta e eu un fouciño. Deixamos o meu fillo maior ó cargo dos outros dous. Fomos rápidamente xunto o "exercito" e cando estivo toda a aldea preparada partimos. Polo camiño dinnos que teñen pensado ir ó castelo de Naraiho, que van a derrubalo por completo e que precisaria de toda a axuda posible pola nosa parte. Nós, aínda que temerosos porque esa fortaleza parecia inexpugnábel enriba daquel promontorio, tiñamos a certeza de que conseguiriamos o noso propósito e derrubariamos aquel castelo. Ao final chegamos a ser unhas 500 persoas entre os que se unían polo camiño e os dos pobos polos que íamos parando. Polo camiño cantabamos cancións que inventabamos sobre a marcha.

Á noitiña fixemonos coa fortificación tan temida ó principio e que derrubabamos pedra a pedra felices porque derrotaramos ó poder feudal. Ó terminar prendímoslle lume a todo o que quedaba do castelo ,que non era moito a verdade, e co que collimos da despensa fixemos unha pequena comilona entre os que quedabamos da irmandade e festexamolo por todo o alto.
Coa saída do sol cada un enterrou os seres vivos que morreran naquela batalla e diriximonos cara o castelo de Moeche onde se encontraba o señor de Andrade.